EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



sábado, 11 de diciembre de 2010

Partidazo no Areal

SENIOR MASCULINO

Conservas Boya Camariñas 31 Tirso de Molina 15

Gran partido o que ofreceron os rapaces do Boya ante un Tirso que non puido mais que rendirse a superioridade local, dende o inicio os locais plantexaron unha defensa agresiva e moi intensa que pronto lle comezou a dar resultado con contraataques  moi ben subidos por Moncho e Quin que escollian sempre a mellor opción cando eran apoiados e cando se podía eliminar eses pases previos Xabi estaba ahi para finalizalos e coller sempre o contrapé os visitantes, que probablemente non agardaban esa saída fulgurante do Boya, para rematar a "faena" cando quedaba algún resquicio na defensa, aparecía Felix na portería facendoa pequena para os lanzadores ferrolans. Isto provocou ir aumentando a diferencia paulatinamente conseguindo cinco goles por cada gol visitante, polo que no ecuador da primeira mitade o 10-2 era escrarecedor e falaba ben as craras da superioridade local, como guinda a gran asistencia de siareiros que pronto se identificaron co equipo e comezaron a sua festa con cánticos acompañandos dun estruondoso bombo que soaba a gloria para os de Camariñas e a pesadelo para os visitantes.

Un respiro dos locais fixo que o marcador non seguise a aumentar na mesma proporción, e chegouse o descanso cunha diferencia de 11 goles, co encontro prácticamente decidido agás unha excesiva relaxación dos nosos rapaces.

 Pero desta vez sairon de novo o campo ca intensidade suficiente para pechar o encontro, e despois de dous goles a prol de cada un dos equipos un par de novos contraataques aumentou a diferencia a 13 goles e o encontro quedou visto para sentencia, tiveron tempo de participar todolos xogadores locais e celebrar xunto ca grada un triunfo que agardamos poida repetirse no vindeiro encontro contra o Poio, no que o Boya xogarase entrar no grupo polo titulo, ainda que iso e fariña doutro costal, xa que a  intensidade, orgullo e gañas con que xogan na casa, ainda non foron quen de amosala fora, e ista ocasión e perfecta para demostrar do que son capaces a domicilio se a mentalización e a precisa.

Destacar polo Boya os 14 xogadores que participaron, mención especial merecen os porteiros, que rendiron a gran nivel e que cada día fan mais compricado o adestrador decantarse por un deles.

P.d.: Como se agardaba a actuación dos colexiados non estivo o nivel do encontro e podese dar gracias a diferencia entre un equipo e outro para que non influiran no resultado.

CANTEIRA

Os cadetes masculinos melloraron o nivel amosado en anteriores encontros a pesares de perder por 38-11 fronte o Cangas, e fixeron un partido onde amosaron "detalles" do que poden chegar a conseguir se deixan un lado os medos cos atenazan en moitas ocasións.

As infantis perderon co Bueu por unha diferencia de 12 goles (27-15) e as cadetes seguen a colleitar puntos cun 22-28 tamén contra o Bueu, que agardamos lles de mais confianza para pelexar por obxetivos maiores e competir cos equipos punteiros da categoría, as nosas rapazas deben seguir mellorando i esforzandose no traballo semanal, e darse conta que a pouco que melloren estarán pelexando de ti a ti con calquera equipo.

1 comentario:

Archivo del blog