CARBALLAL 29 CAMARIÑAS 26
Os de Camariñas voltaron a desperdiciar unha nova oportunidade
de conseguir afianzarse na 4ª praza e
aspirar a metas maiores. Ante un Carballal dormido, e sen demasiada motivación,
os palilleiros parecía que ainda tiñan menos motivación e mais soño, proba delo
as duas primeiras acións do Boya con duas pérdidas e contraataques a pracer
dos locais, pero mais ala de ser a tónica do encontro, os visitantes comenzaron
a mover un pouco mais o balón en ataque, e conseguir lanzamentos sen oposición, que unidos a
relaxación dos xogadores do Carballal en ataque, permitían o Boya porse por
diante no marcador e instalarse na comodidade que dan tres e catro goles de
diferencia. A pesares de ter todo de cara para aproveitar o “pasotismo” local,
os nosos rapaces parecía que querían competir nese aspecto, e carecían da intensidade defensiva
necesaria, que Felix na portería se encargaba de tapar con innumerables paradas
a lanzamentos sen a oposición dunha defensa cun nivel impropio da categoría.
O paso polos vestiarios non cambiou demasiado a decoración, o
Camariñas seguía a ter oportunidades de pechar o encontro a pouco que cambiara
unha marcha, e o Carballal cun sete provinte enteiramente do banquillo, comezou
a porlle unhas poucas gañas mais. Nos primeiros minutos sen acerto, pero ainda
asi, o seu lateral esquerdo facía añicos a defensa visitante, simplemente a base
de porlle mais coraxe o asunto . Os nosos rapaces seguían na sua liña
cando alguns erros de finalización polos extremos provocaron co resultado se
nivelase, e xa sabemos que pasa cando pasa iso, chegan as presas, os “canguelos”
o non saber que facer, e o “agocharse”, en resumo o Carballal conseguiu empatar
e so tivo que ter paciencia para que os visitantes cederan o mando do marcador
para pechar o encontro, nos derradeiros cinco minutos os locais puxeron os seus
mellores homes no campo para certificar o que prexaxiaba o transcurrir do partido.
Cabe destacar a arbitraxe perfecta de Victor Rivera e Daniel
Poley, outro aspecto que non aproveitou o noso equipo.
Polo Conservas Boya destacar o porteiro Felix, que disimulou os erros dos seus compañeiros mentres tivo
forzas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario