Responde as "22", Victor Vigo, o mellor xogador da historia do Balonmán en Camariñas, e probablemente o deportista de mais alto nivel da Costa da Morte, formado nas escolas municipais, fichou polo Alcobendas xa fai uns cantos anos, logo pasou polo Teucro e Naturhause La Rioja, para prestar os seus servicios na actualidade no E-gym Antequera. Xa foi internacional ca selección española e logrou ser semifinalista en competición europea co Naturhause o ano pasado, sendo hoxe en día un dos mellores centrais atacantes da mellor liga do mundo, a liga Asobal.
1.-
¿Cómo e cando principiaches a xogar o
balonmán?
Foi
en alevíns ou en infantís, pois porque todos os amigos o practicaban e unha vez
que empecei encantoume.
2.-
¿Qué foi o que mas te chamaba para seguir nel, e que e o que mais te chama del
na actualidade?
O
compañeirismo porque dende que era un cativo sempre encontrei amigos no campo,
ademais e un deporte no que a gran maioria de xogadores son moi humildes e boa
xente.
3.-
¿Cantos anos levas xogando?
Levarei uns 12 ou 14.
4.-
¿a anécdota mais divertida que che pasou relacionada co balonmán?
A
verdade e que teño moitas e moi variadas. Unha que non deixa de facerme gracia
e cando os adestradores se poñen a falar unha especie de spanglish medio indio
cos xogadores estranxeiros.
5.-
¿referindonos o balonmán, cal e o día que lembras con mais cariño?
Pois eu creo que a primeira convocatoria coa
selección nacional foi moi especial, sobre todo porque era un rapaz.
6.-
¿Cal foi o mais triste ou o mais frustrante?
O primeiro ano no Teucro foi moi frustrante,
ademais viña de pasalo moi mal en Alcobendas e xuntouseme todo.
7.-
¿Cómo definirías as sensacións que tes cando logras algo polo que loitas?
Supoño
que como todo o mundo, satisfacción e orgullo por un traballo ben feito.
8.-
¿Qué persoas deixaron mais pegada na tua carreira coma deportista ate agora?
Eu
creo que me marcaron moitas, pero por ser nunha etapa infantil e que logo
marcan a personalidade foi Fran.
9.-
¿a quen lle adicarias o teu mellor gol?
Tería
que adicarllo a moita xente, non sabería dicirche alguen concreto.
10.-
¿Qué futuro pronosticas para o noso deporte en xeral?
Sinceramente
creo que estamos nun momento duro, pero tamen espero que sirva para facer
pensar a xente e se melloren nun futuro.
11.-
¿e o futuro en Camariñas?
Pois
penso que no pobo o deporte está afianzado e non terá problema. O que sempre
pasou, e non so no deporte, é unha falta de compromiso e que a xente se sinta
involucrada nun proxecto.
12.-
¿Qué cousas poden mellorar para darlle un novo pulo o balonmán en xeral i en particular?
É
compricado, a nivel xeral penso que se debería elevar o status e darle o
prestixio que se merece, un claro exemplo é Alemaña, a nivel particular se se
conseguise dar un salto de calidade supoño que a xente o valoraría e
chamarialle mais a atención poder ver equipos do resto de España.
13.-
¿Cómo valoras o transcurrir da tempada dos equipos senior de Camariñas?
O
Boya comezou dubitativo pero agora parece que encontrou esa confianza que lle
facía falta e espero que se poida meter no grupo para loitar polo ascenso.
No
Encaixe estase a notar que e un equipo novo e con xente moi xoven, penso que
cando se vai facendo a categoría chegaran mais triunfos.
14.-
¿Cal e o compañeir@ mais simpático e bromista do vestiario?
Estou
en Andalucia aquí o raro e soso son eu!!!! jajjajajja A verdade e que este ano
teño varios compañeiros graciosos.
15.-
¿Ten sitio o balonmán no teu día perfecto?
Por
suposto é un deporte que ademais de
practicalo, gustame
16.-
¿recomendarias os teus fill@s practicar balonmán?
Preferiría
que estiveran na Fórmula 1, mais que nada porque asi retirarían o pai!!!! Fora
bromas, gustaría que o practicasen pero non os iba a obrigar.
17.-
¿Cal é a tua xogada preferida?
Calquera
pase, crear ti mesmo un desequilibrio e dar o pase para que o compañeiro quede
so.
18.-
¿quedache algúnha meta que cumprir no balonmán, algún soño segredo?
Moitos,
o mais directo seria volver xogar en competición europea.
19.-
¿Un lugar para compartir cos teus amigos, outro para compartir en parella y
outro en soedade?
Calquera
sitio é bo se estas en boa compañía e un paseiño en bici por reira sempre axuda
a liberar tensions.
20.-
¿unhas vacacións ou viaxe pendente que che gostaría facer?
Gustariame
facer un tour polos países nórdicos (Dinamarca, Suecia, Noruega e Finlandia).
21.-
¿Qué libro recomendarías de obrigada lectura?
La
catedral del mar.
22.-
¿unha personaxe pública irrepetible positivamente e outra negativamente?
Moitas,
non me decantaría por ningunha, en cada tempo e en cada materia habería unha.
No hay comentarios:
Publicar un comentario