EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



domingo, 21 de noviembre de 2010

VICTORIA NO LALIN ARENA

Xabañús 29 - Conservas Boya 33

Nun dos mellores partidos xogados polo Boya fora de casa, acadaron unha victoria moi traballada, baseada no seu gran traballo defensivo, que esgotou os Lalinenses, e que lles permitiu chegar o descanso con dous goles de diferencia (17-19) debido na maior parte as intervencios do porteiro lalinense o que soio Perón e Felipe lle tiñan tomada a medida.

A segunda mitade tivo o mesmo guión ca primeira, agás o desgaste que sufriron os locais que comezaron a perder confianza en gañar o encontro, o Boya aproveitou o arranque para irse no marcador, conseguindo aventaxes de 8 e 9 goles, chegando así ate o minuto 50 aproximadamente, onde un pouco de relaxación, desaxustes defensivos e precipitacións, mais un derradeiro esforzo dos locais fixeron perigrar o resultado, indo disminuindo a diferencia ate chegar a falta de dous minutos de dous goles, un corte de balón providencial de Felipe, na transición local dilapidou a minuto e medio as esperanzas que tiñan os locais de conseguir remontar, facendo que os importantisimos dous puntos volaran para Camariñas.

Destacar polo Boya o gran nivel defensivo en especial do capitán Moncho, e a Perón e Felipe, que onte foron os nosos grandes estiletes, finalizando con maestría a maioria de ocasions que se lle presentaron.

Hoxe Domingo, os cadetes e xuvenís desprazaronse a Vigo onde xogaron ante Lavadores e Seis do Nadal respectivamente, non conseguindo puntuar ningún dos equipos, ainda que ofrecendo unha imaxe moi dispar, os cadetes seguen moi desacertados e despistados na competición e os xuvenís sen Caamaño e Damián, fixeron un moi bo encontro, traballando moi ben en defensa, pero pagando a falta de efectivos de recambio para Cristian e Martín, que levaron o peso do xogo ofensivo Camariñán.

Tamén o sabado desprazaronse as rapazas infantis e cadetes a Pontevedra, os dous equipos perderon, ainda que as cadetes fixeron un bo encontro ante un dos equipos favoritos o campeonato.

MALA FIN DE SEMANA PARA O ENCAIXE

Encaixe Camariñas 12 - 18 Balonmán Caselas
Encaixe Camariñas 23 - 33 Las Cinco Jotas Lavadores


O Balonmán Encaixe afrontaba unha fin de semana de dobre xornada, depois de acadar unha importante victoria a domicilio ante o Samper Sárdoma, as camariñanas tiñan a oportunidade de despegar definitivamente na táboa clasificatoria, xa que recibían no seu feudo a un rival directo e a un dos equipos con maior potencial da categoría.


O venres, tocou recibir ao Balonmán Caselas; un equipo que sen un gran xogo e con poucos recursos acadou impoñerlle o seu ritmo a un encontro cheo de erros e imprecisións, as da Costa da Morte saíron adormiladas e cunha presión innecesaria ante un rival inferior en calidade pero máis centrado en sacar algo positivo da súa viaxe á terra do encaixe. As visitantes atoparon moitas facilidades na defensa local para acadar goles, as circulacións dos extremos, a falta de atención ao pivote e a falta de concentración aliáronse en contra dun Balonmán Encaixe que clarísimamente non tiña o seu día; Cris Barreiro e Nerea, pouco aroupadas polas súas compañeiras, eran a única baza camariñana en ataque, a medida que pasaban os minutos e seguía a igualdade no marcador, o nerviosismo e impotencia por entrar no partido das palilleiras facíase visible en inexplicables perdas de balón e erros de lanzamento; a falta de dous minutos para o remate, con tres goles de vantaxe para as de Salceda, as do Encaixe arriscaron en defensa pero non saíu ben, así se chegou a un sorprendente 12-18 a prol das de Louriña. Aida con catro goles foi a máxima realizadora do encontro
O sábado, cos ánimos mermados polo mal partido do día anterior, as do Encaixe recibían a un os rivais con máis oficio da categoría, o Balonmán Lavadores, un mal rival para tentar resarcirse da derrota ante o Caselas. O encontro comezou coas viguesas aproveitandose das falta de decisión local en ataque, endosándolle así un parcial de 0-4 ás camariñanas. Os axustes defensivos sobre a pivote visitante poñían en problemas ao Lavadores, pero os erros de lanzamento facían imposible a remontada local; chegouse así cun 12 – 15 ao descanso. Na segunda parte as de Camariñas saíron convencidas de darlle a volta ao encontro; Minchu e Aida asumiron a responsabilidade en ataque, tamén Sara no pivote poñía en problemas ás viguesas; mentres que e Ali e Laura tomaban a responsbilidade defensiva. A segunda metade o partido foi moito máis igualado, o Encaixe chegou a estar a tan só un gol por debaixo no electrónico, pero a falta de sete minutos para o remate, un par de erros no lanzamento e unhas polémicas decisións arbitrais, provocaron o definitivo 23-33 a prol do Lavadores. Minchu, con oito goles foi a máxima realizadora do encontro.

Despois da dobre xornada, Bruno López comentou : “ tivemos unha boa oportunidade para sumar esta fin de semana, pero non a aproveitamos, non afrontamos o encontro do venres coa actitude que requería, non demos boa imaxe ante o noso público e iso condicionounos para o encontro do sábado, no que tardamos en atopar o ritmo de partido; non podemos amosarnos tan vulnerables e menos na nosa casa, estamos a acusar moito a baixa de Jessi en facetas ofensivas; toca traballar aínda máis e afrontar a nosa visita desta semana a Narón con gañas e ilusión, eu confío na capacidade do grupo para reaccionar”.


 
 

2 comentarios:

Archivo del blog