EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



domingo, 14 de noviembre de 2010

MAIORIA DE VICTORIAS PARA OS NOSOS EQUIPOS



SENIOR MASCULINO
CONSERVAS BOYA 25 SEIS DO NADAL 23
O Conservas Boya conseguiu dous novos puntos nun partido basado na sua defensa, e que poido ser mais doado, sen os apuros vividos o final do encontro, se a eficacia nos lanzamentos fora un pouquiño mais alta.
Comezaron os dous equipos cunha defensa 5:1, os vigueses conseguían finalizar en gol polos seus extremos, e os locais aproveitaban o bo día de Felipe no lanzamento que rematou o encontró con 8 goles, que esperemos lle sirvan para ter a confianza que noutros intres da tempada lle ten faltado. Unha vez pasados os minutos de tanteo de rigor, a defensa local comezou a impoñerse o ataque visitante, e así acadaron dous goles de ventaxe, na mitade deste primeiro acto, o Boya cambiou a sua defensa por un 6:0 que atascou ainda mais os visitantes que comenzaban a desesperarse e a pesar de mover ben o balón non atopaban ocos na tupida defensa local. O parcial aumentou e a pouco tempo de ir os vestiarios os camariñáns poñianse cun 13-6 que permitía vivir con tranquilidade os derradeiros minutos desta primeira mitade, pero foi demasiada a relaxación e os visitantes conseguiron reducir a catro a diferencia.
As espadas estaban en alto, a segunda mitade afrontabase con incertidume polo bando local, ainda que ca confianza que lle daba o seu mellor nivel de xogo e a fortaleza da sua defensa. O mesmo que na primeira mitade os primeiros minutos foron un intercambio de goles a contagotas,  e os visitantes reduciron a diferencia, pero un novo arreón dos locais situounos nunha diferencia de novo de 5 goles, ainda así os erros no lanzamento e alguna precipitación ofensiva provocaron que non se pechara o encontro, e o seis do nadal sacou as forzas que lle quedaban para nun  esforzo final achegarse paulatinamente no marcador, e facer que os da casa vivirán estes derradeiros minutos ca angustia  de temer polo resultado, xa que a falla de dous minutos a diferencia era de dous goles e duas exclusións do Camariñas fixeron que se dera un final de infarto ainda co marcador xa non variou.
Destacar nos locais a Felipe que voltou a ser o xogador resolutivo de antaño, e no Seis do Nadal o seu porteiro que tivo una actuación destacada, ainda que sin restarlle méritos, os xogadores do Boya facilitaronlle bastante o seu traballo.
Cos resultados da xornada o Conservas Boya situase quinto, a dous puntos do seis do nadal (3º) e a un do Tirso (4º) e só un punto por riba do seguinte rival o Xabañús, nun partido que semella ser una auténtica final para seguir con opción de entrar nesa 4ª praza que daría o Camariñas a posibilidade de meterse no grupo polo titulo.

SENIOR FEMENINO
SAMPER SARDOMA 18 ENCAIXE DE CAMARIÑAS 32 
O Balonmán Encaixe acadou dous puntos a domicilio ante o Samper Sárdoma cun contundente 18-32 a prol das camariñanas. As palilleiras viaxaron a Vigo conscientes da importancia do choque, crucial para evitar os postos baixos da táboa clasificatoria. As da Costa da Morte desprazáronse coas importantes baixas de Jessi e Juana, dúas das xogadoras máis desequilibrantes do equipo no que vai de campaña, aínda que para este encontro, Bruno López puido contar con Sara González e coa porteira Sara Morandeira que ata esta semana estiveran lesionadas.

O choque comezou cun intercambio de goles por parte de ambos conxuntos, a central viguesa aproveitaba os primeiros minutos de asentamento da defensa camariñana para atopar portería dende lonxe, mentres que Aida, moi inspirada dende o extremo dereito, finalizaba con éxito os primeiros ataques das visitantes; a partir de aquí, Alicia e Laura puxeron o mono de traballo e comezaron a dirixir a defensa do Encaixe, mentres que en ataque, a movilidade e a boa dirección da xuvenil Cristina Sande, xunto coa rapidez nas transicións ofensivas; provocaban grandes espazos na defensa local; aproveitados na maioría das ocasións polas laterais da Costa da Morte. No minuto dez da primeira metade un parcial de 6-1 a prol das camariñanas deixou claras as intencións e o bó momento do equipo, chegouse así ao descanso cun 8-14 no electrónico. A segunda metade foi un mero trámite, as do Encaixe seguiron imprimíndolle velocidade ao xogo e por conseginte aumentando a vantaxe no electrónico ata o derradeiro 18-32. Minchu, con oito goles, foi a máxima realizadora dun encontro que ademáis de dous puntos aportará tamén un plus de confianza e motivación para vindeiros compromisos.
Ésta semana o Encaixe afronta unha dobre xornada por mor dun partido que teñen aprazado contra o Balonmán Caselas; o encontro disputarase o venres ás 20:30 horas no pavillón de Ponte do Porto e o sábado mediranse no mesmo escenario ao Balonmán Lavadores as 20:00 horas.

 
XUVENIL MASCULINO
BM. CAMARIÑAS 28 POIO 22
Os xuvenís fixeron un partido para esquecer colectivamente, ainda que individualmente pódense destacar o saber facer de Martín que outro día mais votouse o equipo a espalda, e o compromiso de Cristhian, levantándose da cama para axudar o equipo, ainda que moi mermado físicamente e con moitas molestias por mor dunha infección de garganta, o rival poñía gañas pero carecía da calidade suficiente para inquietar o Camariñas, ainda así os locais tiveron moitos errores defensivos, e desta vez o porteiro Bruno non tiña o seu día e non  foi quen de correxir.  Como aspecto positivo destacar a aportación dos cadetes que sin ser fundamental mellorou moito respecto o anterior partido ante o Tirso.


CADETE FEMININO
BM. CAMARIÑAS 27 SEIS DO NADAL 22
As nosas rapazas voltaron a sorprender diante da sua afición facendo una moi boa primeira mitade, onde desarbolaron as viguesas que tiñan moitisimas dificultades para acadar goles, fundamental a aportación de Estela na portería que mellora a pasos axigantados, as camariñáns fixeron un moi bo traballo defensivo, e melloraron o seu ataque circulando en moitas ocasions o balón con sentido e velocidade, ainda que pecaron de irregularidade e algunas vegadas precipitabanse con lanzamentos sen posición, e con pases demasiado arriscados. Ainda así as individualidades de Cris Caamaño, de María e de Sara, desatascaban o ataque local cando o xogo colectivo desaparecía, todo isto permitiulles chegar o intermedio cunha diferencia de seis goles que adivinabase definitiva mantendo ese nivel de xogo.
As viguesas na reanudación plantexaron una defensa mais aberta que provocou un certo desorden no xogo local, e alguna perda de balón en ataques precipitados permitiron os contraataques visitantes, que dada a boa defensa posicional local era a única arma que podían utilizar para darle volta o marcador, despois de arranxar a forma de xogar, e traballar mais o pase e va entre as primeiras liñas e a pivote, conseguiuse darlle a volta a dinámica negativa e voltouse a ter a tranquilidade, ademais un par de roubos de balón de Tina significaron minar por fin a moral das visitantes, convencidas que non era o seu día e que a victoria desta vez quedaba na Ponte.

CADETE MASCULINO
BM. CAMARIÑAS 18 TEUCRO 47
Os nosos rapaces van ter que levantarse unha hora antes do que o fan normalmente, porque principiaron o encontro totalmente dormidos, e isto aproveitouno o Teucro para en menos de 3 minutos provocar un tempo morto local , os visitantes movían o balón con moita rapidez, e os locais so lle daba tempo a velos saltar o area sen oposición; en ataque os nosos tampouco sabían moi ben que facer co balón, e na maioria das ocasións caia en mans dos rivais para co subiran rápidamente e conseguiran goles de forma moi doada.
Ainda ca diferencia de nivel era evidente, acrecentouse polo mal encontró do Camariñas que por cada acción de mérito, facía dez pa contradecila, ainda con todo podese destacar que certas cousas comezaron a facerse un pouco ben na segunda mitade, quizais porque os rivais xa deran entrada a todo o seu banquillo.
Non lle queda os nosos mais que seguir a traballar e ser mais regulares na sua asistencia os adestramentos.

INFANTIL FEMININO

BM. CAMARIÑAS 12 SEIS DO NADAL 24

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog