O pivote carballés Lorenzo Lorenzo e a derradeira incorporación o Conservas Boya Camariñas, Lorenzo ten 32 anos, mide 192 centimetros e pesa arredor dos 95 kg, Lorenzo principiou a adestrar esta semán, e polo visto vai axudar moitisimo o equipo, xa que complementa perfectamente os pivotes Eloy e Diego.
As suas medidas antropométricas vanlle facer aportar envergadura e forza en defensa , tamén se agarda que realice un bo traballo para o equipo en ataque, no 1x1 debido a sua corpulencia, e na capacidade de bloquear para os compañeiros.
Benvido Lorenzo, e agardamos que esta sexa a primeira de moitas temporadas en Camariñas.
No hay comentarios:
Publicar un comentario