EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



domingo, 10 de octubre de 2010

DEBUT DAS INFANTIS E CADETES

As infantis femininas acadaron a sua primeira victoria ante o Pabellón de Ourense por un escueto 21-28 visto o que pasou no terreo de xogo, as nosas rapazas moitas delas no seu debut nun partido de balonmán basearonse no acerto realizador de Sara que perforou a meta contraria en 25 ocasions, ainda asi a diferencia poido ser maior de non ser polo imparcial arbitraxe que recibiron as nosas, e que foi o aperitivo do que sucedería no seguinte encontro.
Xogaron Sara 25, Karen 3, Agueda, alicia, isabel, rosario, minia, Thalia, rocío e Paula

As cadetes perderon por 26-20, facendo un moi bo partido en defensa, ante unhas rapazas que as doblaban en centimetros e kilos, neste encontro repitiuse o sucedido no anterior, as faltas en ataque da pivote ourensán convertianse por arte de maxia en exclusions acompañadas de 7 metros, ainda asi as nosas rapazas loitaron ate o final, e nos derradeiros intres o Pabellón conseguiu unha maior renta no marcador polo intento a desesperada das nosas, defendendo en individual e deixando demasiados espacios para as locais.
Xogaron Tifani, Cris Caamaño 8, Cris Blanco 1, Silvia 6, Sara 3, Karen, Susana, Natalia, Ana Belén, Estela, Ivana 2, María e Sheila.

O Domingo e o Luns desputaronse a xornada 1 (aprazada) ante o Porriño, e a xornada 3 fronte o Carballal con derrotas para as nosas nenas ante equipos moi superiores fisica e técnicamente. O obxetivo debe ser que nos partidos de volta a diferencia sea menor, e que todas continuen xogando e practicando balonmán, temos traballo por diante e xa virán equipos mais parellos cos que poder amosar os avances que van tendo as nosas rapazas.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog