EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



jueves, 7 de octubre de 2010

¡¡Impresionante!!

Este Xoves principiou a actividade de Balonmán para os benxamins e alevins do colexio de Ponte do Porto, o impresionante a que fai referenza o titulo da entrada e o número de participantes: 30 benxamins e 27 alevins.

Istes números falan as craras do tirón do noso deporte, que a diferencia de outros, intentamos que todolos rapaces participen mais alá das suas capacidades, e non existen titulares nen suplentes, o lema podería ser "no balonmán de Camariñas todos e todas tendes un sitio".

E xa metidos no allo, ca experiencia que dan tantos anos traballando con rapaces e rapazas, poderiamos pensar en alto e aconsellar cos rapaces non so practicaran un deporte, se non que practicaran tantos coma poidesen e o resto das suas actividades llo permitira. O deporte e un compremento extraordinario para a formación dos rapaces, e os responsabeis de os nenos deberian saber que ate unha idade avanzada non e necesaria a sua especificación ou dedicación esclusiva, e que o mais importante e a sua formación coma persoas e non coma futuros "cracks".




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog