EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 6 de septiembre de 2010

ROCAMAR PONTEDEUME 26 CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 35

           Derradeiro amigable disputado polo Conservas Boya,  xa que o seguinte fin de semán comeza a Liga ante un dos favoritos do grupo, o reforzado Xabañús de Lalín.
                Agardabase un maior rendimento dos xogadores camariñáns e asi foi, dende o asubio inicial amosaron concentración defensiva e un bo estado físico para o tempo que se leva adestrando, o seu rival pese a ter algún xogador mais que na cita anterior veuse igualmente superado dende os primeiros minutos, onde non eran capaces de superar a defensa visitante, e cando o conseguían tiñan diante a Victor que axudado polos seus compañeiros conseguía moitas paradas ante lanzamentos en malas posicións dos rivais e outras veces facia intervencións de moito mérito; isto provocou transicións rápidas do Conservas Boya que acadaba moi pronto diferencias no marcador (3-11 no minuto 10 de encontro). Mantivose a tónica ate o minuto 20 con diferencias que iban  aumentando ate os doce goles, os cambios no Boya e algún despiste froito da inexperiencia fixeron que a diferencia mermase ate finalizar a primeira mitade cun 11-19 a prol dos visitantes.
                No comezo da segunda mitade parecía co Boya estivera ainda no vestiario, co que os do Eume conseguiron apretar o marcador ate os seis goles de diferencia, os visitantes apretaron en defensa e recuperaron balons conseguindo contraataques moi claros de 3 contra un, conseguindo novamente una renta de dez goles dando por pechadas as dúbidas en canto o resultado, novamente cambios para repartir minutos fixeron baixar o nivel do xogo e os derradeiros 15 minutos de encontro foron un mero trámite.
         Polo Boya xogaron:
Victor (17 paradas) e Lalá (8 paradas) coma porteiros, Alan 4, Quin 4, Perón 3, Xabi 3, Fari 2, Alberto 5, Moncho 2, Felipe 8, Cristhian e Jose Ramón 4
Destacaron Victor na portería , Alberto que deu un recital defensivo na posición de central, Moncho pola sua dirección do equipo no ataque posicional, acompañado de Felipe que cos seus 8 goles foi o máximo goleador do encontro.
        Esta semán os Camariñáns deben preparar o importantísimo encontro ante o Xabañús que presentará un mellor equipo con incorporacións novas que lle dan maior profundidade de Banquillo e mais opcións no seu xogo, que xunto os incombustibles Aller, Antio e Diego fan dos dezanos un verdadeiro equipazo que xa  a derradeira tempada rematou a competición por riba nosa.

O video do partido tedelo pinchando AQUI (esta comprimido e con contrasinal, xa esta en formato visible no reproductor do windows)

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog