Mañán Sábado e logo da presentación ante sociedade do club (as 12:45 no Naútico), mais comida de confraternización, o Conservas Boya Camariñas enfrontase a un Xabañús reforzado esta tempada con algunhas incorporacións salientables. A que mais destaca e a recuperación de Diego Sieiro, un primeira liña curtido moitos anos na primeira nacional, e que a tempada pasada estivo lesionado de gravedad; e un gran xogador que en bo momento marca diferencias, e que ca compañía de Carlos Aller na primeira liña fan do equipo rival un verdadeiro oso duro de roer. Os de Lalín terminaron o ano pasado na 7ª posición (xusto por riba de nós) e seguro que vai ser moi compricado ganarlles, eso sí, os Camariñáns están convencidos das suas posibilidades e da importancia do partido, xa que o rival será dos que estén na parte alta da clasificación con seguridade.
O Conservas Boya despois de unha longa pretempada intenta chegar nun bó estado fisico o encontro, que debido a maior calidade dos xogadores rivais faino un aspecto fundamental no plantexamento do encontro, no que as premisas principais serán defender con intensidade e concentración que permita facer as transicións o mais rápido posible.
Como contratempos as baixas de Felipe (de viaxe), Eloy e Felix, e a posible de Quin con molestias físicas durante toda a semán.
No hay comentarios:
Publicar un comentario