EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



sábado, 28 de agosto de 2010

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 33 PONTEDEUME 27

O Conservas Boya Camariñas venceu o Pontedeume nun partido no que amosou unha mellor condición fisica cos visitantes, e que aproveitou saindo o contraataque en bastantes ocasións. O 6:0 local de saida non foi moi eficaz debido a moitos erros de concentración que na maioria das veces aproveitaba o lateral esquerdo do Pontedeume con lanzamentos exteriores, ainda asi o Boya marchaba por diante no marcador, xa que a defensa do Pontedeume ainda era mais froxa ca dos locais, tanto no 5:1 de saida como logo no 6:0, e os xogadores locais atopaban moitas veces situacións claras para as penetracións ou lanzamentos en proximidade.

O cambio defensivo local a 5:1, terminou por afogar as ideas visitantes, que recurrian o seu pivote e a desdobramentos do lateral dereito, ainda asi o necesario descanso do seu lanzador facia que en moitas ocasions perderan balons que o Boya convertia en rápidas transicións, aumentando a sua ventaxa no marcador.

A falta de 15 minutos e cunha diferencia de 8 goles, o partido practicamente rematou, os xuvenis Cristian e Damian disfrutaron de uns minutos coma premio o seu traballo nos adestramentos, e xa non deu tempo a mais.

Agardase que cas incorporacions de Moncho, Quin e Caamaño os locais melloren o seu xogo, e sexan capaces de alcanzar unha maior regularidade no seu xogo.

Destacar polo Boya a Felipe, Salva e Alberto

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog