EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 13 de septiembre de 2010

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 26 XABAÑUS 30

Encontro desenrolouse coma se imaxinaba, un Xabañús con un ritmo de xogo raiando no pasivo en todolos seus ataques e un Boya que polo contrario intentaba correr o máximo posible.
Erros na finalización en contraataques sos contra o porteiro e incruso un 7 metros, provocou unha ansiedade nos xogadores locais que nunca lles permitiu ter a tranquilidade necesaria para afrontar o encontro, chegaron perdas de balón non forzadas (a defensa rival parapetouse nos seis metros con escasa movilidade), chegaron tamén os erros de concentración na defensa, que facia augas despois de estar mais dun minuto defendendo... todo isto ca permisividade arbitral que permitia os visitantes uns ataques eternos, algúns cercanos os dous minutos. Neses ataques a calidade individual dos homes do Xabañús Aller e Diego permitian unha boa colleita en accións de 1x1 ou golpes francos, polo tanto o resultado no marcador refrexaba unha ventaxe de tres goles durante a maior parte deste tempo, só nos derradeiros minutos os camariñáns conseguiron reducir a diferencia ate un 11-12 no intermedio.
Os locais acudiron o vestiario desesperados polo escaso froito do seu esforzo, a pesares co resultado non era malo de todo, as sensacións eran moi negativas.
A segunda parte non variou no estilo dos contendentes, pero si un maior acerto do Boya permitiu empatar o partido 17-17 no minuto corenta, e logo de seguir sufrindo a falta de acerto i erros infantis, os locais por fin conseguiron adiantarse no marcador 20-19 no minuto 45 de partido, a desgracia volveuse cebar cos locais que perderon a Salva por un esguince no nocello, esta lesión unida a de Alberto na mais principiar a segunda parte deixou o Boya orfo de centrais defensivos e duas pezas fundamentais en ataque, o mal día doutros "veteranos" fixeron que os locais tiveran que xogarse o partido cun equipo de circunstancias, con moitos xogadores demasiado novos e carentes da experiencia necesaria ante un rival que lle sobraba. Nese momento a defensa deixou de ser consistente e o ataque  convertiuse nun despropósito, permanecendo ate 9 ataques consecutivos sen gol, polo medio un tempo morto que non deu resultado, e os de Lalín o seu, conseguindo goles por mediación do seu pivote Antío que ante a falta de Salva e Alberto en defensa campou as suas anchas, dando un cursillo práctico de xogo entre liñas, bloqueos, desmarques, etc. con todo isto e recibindo un parcial de 0-6 (20-25 no minuto 23 de partido) os locais recurriron a defensa individual, ainda que recuperaron balóns voltou a faltar acerto de cara a portería e o partido rematou cun 26-30 final, que fala as claras do moito que debe traballar o Conservas Boya para non pasar apuros este ano, xa que un equipo rival sen físico, con nada mais cun cambio e case sen adestrar amargoulle a tarde os locais no día da sua presentación chegando a ter ate 12 perdas de balón non forzadas.

Destacar polo Boya a Salva e Alberto, e polo Xabañús  o seu pivote Antío.

Polo Conservas Boya Xogaron :

Victor 9 paradas (12 de 21), Lalá 9 paradas (18 de 27), Alan 7, Quin 6, Xabi 1, Perón 2, Fari, Alberto 3, Salva 3, Moncho 3, Jose Ramón 1, Caamaño e Diego

Polo Xabañús:

Yago 9 paradas, Marcos 14 paradas

 Diego 8, Aller 8, Blanco 1, Santiago 1, Gulías 1, Gonzalo 3, Antío 7, Niní 1


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog