EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



domingo, 19 de septiembre de 2010

CAMARIÑAS CONSERVAS BOYA 29 BM DEZA 22

O Conservas Boya chegaba o encontro cas importantes baixas de Alberto, Salva e Jose Ramón,  logo de una semana compricada polo mazazo que supuso a derrota ante o Xabañús, Por riba os actos de celebración do 125 aniversario do patrocinador Industrias Cerdeimar, que poderian “despistar” os xogadores facian un “coctel” que podía ter un dixestión difícil.
O Camariñas presentou una alineación inicial pouco habitual, xa que ante a falta de defensores centrais optouse por colocar a Felipe, con Perón e Alan nos laterais, e Xabi no avanzado para dar descanso a Moncho que defendía no exterior.
Nada mais principiar o encontro o nivel posto polos colexiados nas sancións disciplinarias (moi pouco permisivos) facia prexaxiar un carrusel de esclusions por ambos bandos, finalizando o encontró con 12 esclusions polos visitantes e 9 polos locais, a mentalización dos locais para dedicarse a xogar sen pensar noutras cousas foi moi superior a dos visitantes que o longo do choque descentraronse e moitas ocasións.
En canto o discurrir do xogo, despois de 10 minutos de igualdade no que o Deza chegouse a por por diante no marcador cun 2-3, e un empate a 4 arredor do minuto 14, os locais por fin, fixeron da defensa a sua mellor arma, e cando con moita dificultade eran superados polos lalinenses, surxia Lalá que foi un muro impenetrable durante 14 minutos, con paradas de todolos xeitos, isto provocou un parcial de 14-0 a prol dos locais, xa que ate o minuto 28 non conseguiu un dezano perforar de novo a meta camariñana (18-5), un gol de xuvenil debutante Cristian que uns minutos antes unirase a festa, fixo que o pavillón estoupara de felicidade, sendo aplaudido por público e compañeiros, chegando o descanso cun elocuente 19-5 que facia do segundo tempo un mero trámite.
Comenzou a segunda mitade cun intercambio de goles, o xogo defensivo local baixou moito e os visitantes xa disponían de mais oportunidades de acadar goles, ainda asi antes de ser sustituido por Victor no minuto 5, Lalá recibiu a ovación da tarde debida a sua inmellorable actuación.
A relaxación local fixo que as distancias foran disminuindo e foran rondando os 10 goles durante a meirande parte deste segundo tempo, os cambios reservando xogadores nos locais, dando entrada os mais xovenes que necesitan minutos para acadar una experiencia, e o aumento de rendimento dos visitantes, provocaron cas distancias baixaran dos dez goles, e os cinco últimos minutos cheos de imprecisións e perdas de balón provocaron co Deza “maquillase” o marcador ate un digno 29-22.
Polo Conservas Boya xogaron:
Lalá 12 paradas (5 de 17); Victor 5 paradas (9 de 14); Felix 1 parada (5-6)
Alan 2, Fari 1, Diego 1, Quin 11, Moncho 2, Caamaño, Xabi 5, Perón 4, Cristian 1, Felipe 2
Polo Deza
Potic 17 paradas (29 de 46)
Dacosta, Sebas, Jesus, Oscar 1, Abel 3, Lorenzo 1, Emilio, Ruben 4, Sergio 4, Alejandro 1, Pajarín 3, Manuel 3, Mato 2

A vindeira xornada o rival serán os vigueses do Seis do Nadal, que debutaron na categoría este ano cunha contundente victoria ante os ferrolans do Tirso (20-30) que fala as claras da calidade do equipo olivico.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog