EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



jueves, 16 de septiembre de 2010

SABADO DE CELEBRACIÓNS




Este sábado terán lugar os actos de celebración do 125 aniversario de Cerdeimar, misa, comida de confraternización, etc. E no tocante o balonmán celebrarase unha recepción no concello as autoridades relacionadas invitadas os actos, cabe destacar a presenza de Don Juan de Dios Román, presidente da federación española de Balonmán e quizás o home mais representativo da historia do Balonmán en España, e unha das figuras principais do Balonmán a nivel mundial, cun amplio curriculum coma adestrador e un palmarés plagado de titulos nos que cabe destacar as medallas de bronce acadadas nas olimpiadas de Atlanta e Sidney. O Sr. Román estará acompañado polo presidente da federación Galega de Balonmán Jose Luis Pérez Ouro entre outros, e ahi estarán tamén os integrantes do Conservas Boya Camariñas, nun detalle de agradecer o noso patrocinador Conservas Boya.

Unhas horas mais tarde (19:00 h.) o equipo senior terá a oportunidade de esquecer a derradeira derrota xogando contra o Deza, nun encontro en que serán baixas seguras alberto e Salva,  ainda que non debe ser óbice para mellorar o xogo despregado contra o Xabañús, e deixar un bo sabor de boca os asistentes o encontro (que se supón serán numerosos), xa que e unha oportunidade perfecta para reenganchar a aqueles siaereiros que levan tempo sin vir polo pavillón, iso si, sen esquecer que non será doado. 

A convocatoria para este encontro a forman os seniors Lalá, Felix e Victor coma porteiros, Moncho, Quin, Alan, Felipe, Xabi, Perón, Diego, Fari; e os xuvenís Caamaño e Cristian Antelo (este debuta nunha convocatoria).

Son baixas Alberto e Salva por lesión e Jose Ramón por motivos laborais.




No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog