O Sabado 18 de Setembro pasará a istoria do Balonmán e do deporte en Camariñas pola honra de ter con nos o presidente da Federación Española de Balonmán e istoria viva de este deporte.
Cando moitos dos asistentes a recepción no concello a tan ilustre invitado ainda non naceran, Don Juan de Dios Román, levaba o Atlético de Madrid a disputar una final europea ante a mítica Metaloplastika de Isaikovic, Vukovic ou Veselin Vujovic, para os que non se fan una idea, e coma si un equipo de Basket español conseguira chegar a final da NBA.
Ca selección española de Balonmán foi pioneiro tamén en acadar unha medalla nun campeonato internacional e nunhas olimpiadas, en resumo, xunto o finado Domingo Barcenas puxeron o Balonman español no mapa mundial.
Pois ben, a diferencia de moitos “perxonaxillos” de deportes mais mediaticos que parecen estar por encima do divino e do humano, este SEÑOR, (con maiusculas), fixonos estar orgullosos de formar parte dun deporte que ten un presidente tan cercano, entrañable, humilde e agradecido, sendo un mais de nos e incruso dando algún consello os nosos rapaces, non debemos esquecer que unhas horas antes traballaba polo Balonmán (como ven facendo toda a sua vida) nun congreso da IHF en Basilea (Suiza).
Dende este humilde rincón e de seguro en nome de todolos balonmanistas e tamén dos Camariñáns, moitas gracias por honrarnos ca sua presenza, e por ende gracias a Cerdeimar, e o presidente da federación Galela para mover os fios necesarios para gozar da compañía deste ídolo de moitos que comezamos no Balonmán fai mais de trinta anos.
Non podemos deixar de remarcar o noso agradecemento a Cerdeimar, a nosa ledicia polo seu 125 aniversario, e por estar unidos dunha maneira tan especial a empresa co deporte, dunha forma que non se entende neste pobo o Balonmán sen Cerdeimar, todos os amantes e practicantes do noso deporte non debemos esquecer nunca o que fai Cerdeimar por nos, isto conleva unha responsabilidade que con moito gusto debese asumir, e como o noso patrocinador ser mellores cada día, entregándonos o servicio do equipo e do club, e sempre a disposición do noso patrocinador.
neste ligazón de www.camarinas.eu, podedes ver unha reportaxe completa con imaxes de Diego Alonso Freire
neste ligazón de www.camarinas.eu, podedes ver unha reportaxe completa con imaxes de Diego Alonso Freire
No hay comentarios:
Publicar un comentario