EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



martes, 17 de agosto de 2010

LALIN vs CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS

Mañán as 21:30 devolvemoslle a visita o Lalín nun novo capitulo da nosa preparación, co obxetivo de correxir defectos no  xogo e afianzar os bos detalles que se amosaron nos encontros anteriores, o resultado segue sendo o de menos, despois de  10 sesións as sensacións son positivas, ca incorporación de David o equipo gaña tamén no xogo de dereita a esquerda, polo que se poderá aproveitar esta nova posibilidade. 
A convocatoria a forman Felix e o xuvenil Bruno coma porteiros,  Alan, Quin, Perón, Fari e os xuvenís Paco e Martín coma extremos, Diego e o cadete Angel coma pivotes, Felipe, Moncho, Xabi, Alberto, Salva, David e o xuvenil Caamaño coma primeiras liñas.
Quedan na casa por motivos laborales os porteiros Victor e Lalá, e o primeira liña Jose Ramón.
Esperase un encontro con mais tranquilidade co vivido en Camariñas que foi quizais demasiado "disputado", e o primeiro que ten que facer o Conservas Boya para iso e dedicarse unica i esclusivamente a xogar o balonmán.

PRENSA (pincha aquí)

1 comentario:

Archivo del blog