EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



domingo, 15 de agosto de 2010

OAR 30 CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 25

Novo encontro amigable onde seguimos padecendo os males tipicos de pretempada, con moitas perdas de balón e ainda con bastantes imprecisións, ainda así melloramos o encontro do mercores ante o Lalín e defendemos mais solidos.

O partido foi igualado ate o minuto 27 (12-12), nese intre unhas perdas de balón e un pouco de desorganizacion defensiva pasou factura e rematamos o primeiro periodo 16-12.
Na segunda mitade fomos quen de recuperarnos ate pornos a dous goles, ainda que nos faltou un pouco de tranquilidade nas transicións, e finalmente rematou o partido cun estirón dos locais que aproveitaron moi ben o seu extremo esquerdo De las Heras.


Polo OAR destacou Iago Acuña e o citado De las Heras, polo Boya Alberto, Felipe e os porteiros Felix e Victor.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog