Jose David Dozo e novo xogador do Conservas Boya Camariñas, David ten 24 anos, mide 1,94 e pesa uns 87 kilos, e zurdo e pode xogar tanto no lateral como no extremo dereito, e incluso en momentos puntuais na posición de pivote.
Jose David procede do Teucro de Pontevedra, onde se formou e xogou a derradeira tempada, ainda que xa ten xogado en primeira nacional con Porriño e Bueu, e tamén ten probado sorte en algún equipo castelán, coma o Zamora e o Avila.
Con David a plantilla queda definitivamente pechada, e so a recuperación de Marcos Martinez "churo", e as incorporación de Anxo (pendente dos seus estudos) e mais Eloy (problemas laborais) pode facer que aumente o número de xogadores, sen esquecer os xuvenís que estan adestrando con moitas gañas, e pode que pronto poidan competir por un posto nas convocatorias.
No hay comentarios:
Publicar un comentario