EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



viernes, 13 de agosto de 2010

1ª AUTONÓMICA 2010/2011

Xa temos o calendario de competición na seguinte ligazón:


Deza, Xabañús, Carballal, Seis do Nadal, Bueu, Poio e Tirso son os rivais que nos tocaron, nun grupo que se prevé moi igualado, e non vai ser nada doado intentar meterse nos catro primeiros.

Temos por exemplo, un descendido de primeira nacional coma o Bueu, o Carballal que ano tras ano ocupa os postos altos da taboa, e como e normal sae sempre coma favorito, os equipos do Deza que contan nas suas filas con xente experimentada en categorías superiores, o Tirso que  ten moi bos xogadores, xunto os filiais do seis do nadal e do Teucro, que probablemente van dar moita "guerra" xa que as suas canteiras son das mellores de Galicia, e seguro que teñen algún "veterano" que lles dará a experiencia suficiente.

En fin, que vai ser duro, dificil e imos ter que traballar moito para ser quen de gañar os partidos, e xa so nos queda pensar no Deza que e o primeiro rival que nos deparou o sorteo.

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS vs LALIN

Para rematar as novas sobre o noso equipo comentar que o amigable xogado o mercores contra o Lalin, no pavillón do Areal, rematou con victoria visitante 26-35, nun partido moi disputado, e igualado ate aproximadamente o minuto 40, vironse detalles positivos no xogo do Camariñas, ante un verdadeiro equipón coma o Lalín, que este ano parte entre os favoritos da primeira nacional, e mais cas incorporacións de xogadores coma Rubén Martinez, Roberto Alvarez ou Gustavo Lázara, que xunto cos demais xogadores que acadaron o terceiro posto o ano pasado seguramente van dar moitas alegrías a os seus xiareiros.

Polo Lalín destacar o incombustible Pincho, a Ruben e mais os extremos Josiño e Gustavo, e polo Camariñas a Felipe, Quin, Alberto e Fari

Suliñar o debut do Cadete Angel Quintana e o xuvenil Cristhian Antelo cos locais, que tiveron uns minutos o final do encontro.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog