EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



miércoles, 11 de agosto de 2010

Conservas Boya vs Balonmán Lalín

Hoxe as 21:00 horas no pavillón do Areal xogamos o primeiro amigable da pretempada dentro do adestramento previsto para hoxe que inclue traballo de forza xeral e resistencia anaeróbica.

Os xogadores seniors que están citados as 20:15 son:

Victor, Lalá e Felix (porteiros)

Alan, Quin, Perón, Diego (segundas liñas)

Felipe, Moncho, Xabi, Alberto (primeiras liñas)

Fari (universal)

Os xuvenís  Bruno (porteiro), Caamaño, Damián, Martín, Iago, Paco e Cristian e mais o cadete Angel tamén están convocados e algún pode ter opcións de xogar algúns minutos.

Son baixas por motivos laborais Jose Ramón, Eloy e Salva

O rival de hoxe rematou no terceiro posto de primeira nacional a tempada pasada, este ano, con novas incorporacións ainda aumentou o seu potencial partindo coma un dos favoritos na sua liga, e coma sabemos todos e un histórico conxunto punteiro con varias fases de ascenso nos derradeiros anos e cunha laboura de canteira das mellores de Galicia.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog