EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 28 de febrero de 2011

TROPEZO DO LIDER

O Conservas Boya perdeu onte no Areal a sua imbatibilidade, ante un Bueu Atlético que aproveitou perfectamente o mal encontro dos locais.  Principiaba o encontro cun intercambio de goles preocupante, xa que a fortaleza do Camariñas e a sua defensa, e o Bueu anotaba con facilidade, aproveitando numerosos erros dos nosos rapaces que erraban conceptos básicos nunhas ocasións, e noutras perdian a concentración intentando axudas innecesarias que provocaban moitos espazos para os visitantes, ate a mitade deste primeiro tempo o acerto local de cara o gol permitialle levar o marcador igualado, pero chegaron intres de precipitación e desconcerto local que permitiron rapidos contraataques do Bueu, e así acadaron unha distancia de catro goles no marcador, mentres os nosos rapaces, demasiado ansiosos, consumianse o verse incapaces de achegarse, diante dunha bancada que non paraba de animar e facer soar sireas e megafonos sen esquecer o bombo dos siareiros Xaviñáns.
O inicio da segunda mitade semellaba importantisimo para cambiar o destino do encontro, pero a función non variaba, erros defensivos locais,  o Bueu que conseguía gol con facilidade, e aproveitando tres intervencións consecutivas do seu porteiro ante ocasions claras dos nosos (dous lanzamentos dende os seis metros e un penalty) ampliaban a diferencia ate os 8 goles en menos de dez minutos (15-23), a unica esperanza do Boya era que ainda quedaba tempo e gañas de seguir loitando e conseguiuse un parcial de 5-1 que poñía o marcador nun 20-24 con mais de 15 minutos por xogar, chegaba unha exclusión para o Bueu e a cousa parecía que podia trocar, pero novamente a precipitación e as gañas de conseguir goles a pares provocaron ate tres erros consecutivos e fixeron que os visitantes recuperaran o seu xogador excluido aos dous minutos e cun gol mais de diferencia no marcador. Ainda seguiron os nosos rapaces derrochando gañas e intentandoo, e foron capaces de chegar a reducir a diferencia en 3 goles, pero un novo erro e a posterior exclusión de Alberto, fixo cos Buenenses aproveitaran a situación para voltar a marcharse no electrónico, e o partido xa non tivo mais historia, O Bueu que intentaba controlar e o Boya que seguia errando ocasions claras diante do porteiro. 
O final un 30-34 xusto, ante un equipo que aproveitou perfectamente o desacerto e mal día dos nosos rapaces, que ven reducida a ventaxe na clasificación a un punto sobre o Viña Costeira, que será o próximo rival, no que se porá en xogo o liderato da competición. Aínda así, debese pensar que antes de principiar a competición firmariamos esta primeira volta, que debemos seguir disfrutando do lugar no que estamos partido a partido, que o conto da leiteira e moi vello...
Polo Conservas Boya o xogador mais destacado foi Alan, dentro da mediocridade xeral.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog