EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



22 respostas

Responde as "22", Victor Vigo, o mellor xogador da historia do Balonmán en Camariñas, e probablemente o deportista de mais alto nivel da Costa da Morte, formado nas escolas municipais, fichou polo Alcobendas xa fai uns cantos anos, logo pasou polo Teucro e Naturhause La Rioja, para prestar os seus servicios na actualidade no E-gym Antequera. Xa foi internacional ca selección española e logrou ser semifinalista en competición europea co Naturhause o ano pasado, sendo hoxe en día un dos mellores centrais atacantes da mellor liga do mundo, a liga Asobal.


1.- ¿Cómo e cando principiaches a xogar  o balonmán?
Foi en alevíns ou en infantís, pois porque todos os amigos o practicaban e unha vez que empecei encantoume. 
2.- ¿Qué foi o que mas te chamaba para seguir nel, e que e o que mais te chama del na actualidade?
O compañeirismo porque dende que era un cativo sempre encontrei amigos no campo, ademais e un deporte no que a gran maioria de xogadores son moi humildes e boa xente.
3.- ¿Cantos anos levas xogando?
 Levarei uns 12 ou 14.
4.- ¿a anécdota mais divertida que che pasou relacionada co balonmán?
A verdade e que teño moitas e moi variadas. Unha que non deixa de facerme gracia e cando os adestradores se poñen a falar unha especie de spanglish medio indio cos xogadores estranxeiros.
5.- ¿referindonos o balonmán, cal e o día que lembras con mais cariño?
 Pois eu creo que a primeira convocatoria coa selección nacional foi moi especial, sobre todo porque era un rapaz.
6.- ¿Cal foi o mais triste ou o mais frustrante?
 O primeiro ano no Teucro foi moi frustrante, ademais viña de pasalo moi mal en Alcobendas e xuntouseme todo.
7.- ¿Cómo definirías as sensacións que tes cando logras algo polo que loitas?
Supoño que como todo o mundo, satisfacción e orgullo por un traballo ben feito.
8.- ¿Qué persoas deixaron mais pegada na tua carreira coma deportista ate agora?
Eu creo que me marcaron moitas, pero por ser nunha etapa infantil e que logo marcan a personalidade foi Fran.   
9.- ¿a quen lle adicarias o teu mellor gol?
Tería que adicarllo a moita xente, non sabería dicirche alguen concreto.
10.- ¿Qué futuro pronosticas para o noso deporte en xeral?
Sinceramente creo que estamos nun momento duro, pero tamen espero que sirva para facer pensar a xente e se melloren nun futuro.
11.- ¿e o futuro en Camariñas?
Pois penso que no pobo o deporte está afianzado e non terá problema. O que sempre pasou, e non so no deporte, é unha falta de compromiso e que a xente se sinta involucrada nun proxecto.
12.- ¿Qué cousas poden mellorar para darlle un novo pulo o balonmán en xeral  i en particular?
É compricado, a nivel xeral penso que se debería elevar o status e darle o prestixio que se merece, un claro exemplo é Alemaña, a nivel particular se se conseguise dar un salto de calidade supoño que a xente o valoraría e chamarialle mais a atención poder ver equipos do resto de España.
13.- ¿Cómo valoras o transcurrir da tempada dos equipos senior de Camariñas?
O Boya comezou dubitativo pero agora parece que encontrou esa confianza que lle facía falta e espero que se poida meter no grupo para loitar polo ascenso.
No Encaixe estase a notar que e un equipo novo e con xente moi xoven, penso que cando se vai facendo a categoría chegaran mais triunfos. 
14.- ¿Cal e o compañeir@ mais simpático e bromista do vestiario?
Estou en Andalucia aquí o raro e soso son eu!!!! jajjajajja A verdade e que este ano teño varios compañeiros graciosos.
15.- ¿Ten sitio o balonmán no teu día perfecto?
Por suposto  é un deporte que ademais de practicalo, gustame
16.- ¿recomendarias os teus fill@s practicar balonmán?
Preferiría que estiveran na Fórmula 1, mais que nada porque asi retirarían o pai!!!! Fora bromas, gustaría que o practicasen pero non os iba a obrigar.
17.- ¿Cal é a tua xogada preferida?
Calquera pase, crear ti mesmo un desequilibrio e dar o pase para que o compañeiro quede so.
18.- ¿quedache algúnha meta que cumprir no balonmán, algún soño segredo?
Moitos, o mais directo seria volver xogar en competición europea.
19.- ¿Un lugar para compartir cos teus amigos, outro para compartir en parella y outro en soedade?
Calquera sitio é bo se estas en boa compañía e un paseiño en bici por reira sempre axuda a liberar tensions.
20.- ¿unhas vacacións ou viaxe pendente que che gostaría facer?
Gustariame facer un tour polos países nórdicos (Dinamarca, Suecia, Noruega e Finlandia).
21.- ¿Qué libro recomendarías de obrigada lectura?
La catedral del mar.
22.- ¿unha personaxe pública irrepetible positivamente e outra negativamente?
Moitas, non me decantaría por ningunha, en cada tempo e en cada materia habería unha.





No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog