EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 21 de febrero de 2011

O compromiso dun equipo

Estes rapaces cada día son mais grandes, despois dunha semana onde se sucederon comentarios i opinións para todolos gustos sobre o horario do encontro, os xogadores nun novo exemplo de compromiso, sairon a pista de Coia cunha gran motivación e incluso nos primeiros minutos “pasados de voltas”. O ataque camariñán estaba algo espeso, a ansiedade de acadar a victoria facía que se perderan alguns balóns e que non se lle dera rentabilidade o traballo defensivo, xa que os primeiros goles a prol dos vigueses viñan provocados por contraataques e algún rechace. O plantexamento dos conserveiros era o de sempre, basearse na sua defensa para intentar darlle un ritmo alto o encontro co que desarbolar o rival e coma no derradeiro encontro os froitos non tardaron en chegar. No minuto 15 comezou o despegue dos nosos (6-8), coincidindo cun cambio de sistema defensivo, pasando do 5:1 o 6:0, unha exclusión de Salva no minuto 21, fixo cos olívicos acortaran a distancia no marcador, para nos derradeiros 5 minutos voltar a por distancia no electrónico, marchando cara o vestiarios cun “tranquilizador” 11-17. O inicio da segunda mitade comenzou ca mesma tónica, de novo un sete titular totalmente diferente do que acabara a primeira mitade, cun Moncho fántástico na sua laboura de avanzado, e que enardeceu os seus compañeiros provocou un novo parcial a favor do Camariñas, colocando un case definitivo 13-23 no minuto 40, a profundidade de banquillo estaba a facer o seu traballo. Duas exclusións no minuto 40 (a exclusión de Quin e canto menos difícil de entender) fixo que o seis tivera opcións de achegarse, pero a bo traballo defensivo, e a axuda de Victor con duas paradas importantes evitou complicacións. Novo cambio defensivo a 6:0, e a renta que voltou aumentar ate os doce goles a falla de dez minutos para rematar, novo carrusel de cambios para evitar percances físicos innecesarios e a relaxación fixeron co seis do Nadal maquillara o resultado, chegándose o final cun merecido 26-34, celebrado dende as bancadas polos siareiros que fixeron o esforzo de acompañar o equipo, poucos pero moi ruidosos, acompañados de megáfono e bombo parecía que o partido se celebrase no areal. Destacar polo Boya un novo e espectacular encontro de Moncho e de Quin, moi metidos no partido contaxiando os seus compañeiros, en especial Salva e Alberto.



No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog