EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 7 de marzo de 2011

Punto importante


59:56 26-25 no marcador, o liderato que escapa, saque de golpe franco a prol do Boya

59:57 Moncho recibe pola zona do lateral dereito, da dous pasos e un brinco.

59:58 Moncho fai un lanzamento picado aproveitando o brinco do porteiro.

59:59 26-26 no marcador, punto importante para os nosos rapaces co celebran.

Antes destes 4 segundos finais, os nosos rapaces viviron todo tipo de sensacións, dende ver a posibilidade de puntuar moi lonxe ate vela moi preto. Principiou o partido ca igualdade prevista, os locais saian con moitas gañas e intensidade, os nosos rapaces algo mais “tranquilos”, os dous equipos conseguian golear sin moito problema, xa que as defensas ainda non estaban moi asentadas. Logo duns minutos os de Rivadavia poñianse por diante, aproveitando o bo facer do seu porteiro ou o mal facer dos xogadores visitantes a hora de localizar os lanzamentos, dadas as características i envergadura do porteiro local, a segunda posibilidade gaña mais forza ca primeira. Estas situacións permitiron o Viña Costeira contraatacar e coller a confianza necesaria no seu xogo, mentres o Camariñas baixaba o seu nivel defensivo, en boa medida por as exclusións recibidas, O porteiro visitante Victor rivalizou co local en acerto, e permitiu o Conservas Boya manterse no encontro e chegar o descanso cun 11-14 preocupante.

Na segunda mitade o conto cambiou e o Conservas Boya conseguiu axustar un pouco mais a sua defensa, e ainda que errores puntuais retrasaron a remontada, esta foi chegando pouco a pouco, como diria Al Pacino na película “un domingo cualquiera”: “pulgada a pulgada”… e chegouse a un 16-15, e pouco mais tarde un 18-18 e moito tempo ainda por xogar

Nesta segunda parte o tema das exclusións variou de bando, pero os camariñáns non aproveitaron as posibilidades que tiñeron para despegarse no marcador, o porteiro local voltou ser un heroe para os seus, e cas suas paradas evitou cos da Costa acadaran un colchon de goles, sobretodo no intre no que os locais quedaron con catro xogadores en pista. Con igualdade numérica por un bando Celso, ben nos 1x1 ou nos 2x2 co seu irmán Juán no pivote, e polo bando visitante Xosé, acadaban goles con relativa facilidade, polo que foron pasando os minutos e o marcador iba bailando gol arriba, gol abaixo, e no derradeiro minuto o Viña Costeira ataca para empatar, a boa defensa visitante fai que os arbitros levanten o brazo amenazando pasivo, permiten circular o balón ate Celso e este busca o seu irmán Juan que bate a Victor faltando 25 segundos, logo chegaron exclusions para os locais por intentar evitar o gol do Boya, e o encontro remata como comenzou: empatado.

Os nosos son os primeiros en arrancar un punto de Rivadavia, e continuan de lideres, ainda que a clasificación se apreta ainda mais.

O vindeiro fin de semana, novo encontro para disfrutar da situación ante un Cangas que ten un punto menos, e que semella retomar a sua mellor forma e o que e preciso gañar, para seguir dependendo dos resultados propios e non alleos.

Destacar polo Boya a Victor na portería e a Xosé Canedo

outra crónica, pincha eiquí

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog