Unha imaxe vale mais que mil
palabras e a deste encontro sucedeu no final do primeiro tempo cun golpe franco
a favor do Viña Costeira que se efectuou co tempo parado, e decir, un xogador
con balón nos 9 metros
e 6 xogadores locais formando unha barreira fronte a el nos seis metros, o
resultado foi un golazo do xogador visitante debido a relaxación dos defensores
camariñáns que permitiron co lanzamento chegase a porteria.
Ista podería ser a imaxe dun
encontro no que o Camariñas permitiu cos forasteiros acadasen un punto pola sua
mala cabeza, este sábado ninguén se librou do desacerto, dende o adestrador
como máximo responsable do xogo local, ate os xogadores que amosaron unha
irregularidade e unha falta de concentración preocupantes.
Principiaba o encontro mandando o
Viña Costeira gracias os goles do seu pivote, que a pesar de non superar o 1,70
sempre gañaba a posición os defensores locais que carecian da intensidade dos
derradeiros encontros, esa falta de intensidade e a pouca concentración fixo
que tardasen en meterse n encontro, cometendo moitas imprecisións nas
transicións e no lanzamento, Lalá mantivo o equipo cas suas paradas, ate que
mediado este primer periodo os homes do refresco saidos do banquillo e o cambio
a unha defensa 6:0 cortocircuitaron as ideas visitantes e permitiron acadar
unha ventaxe de tres goles o final, reducida a dous por ese golpe franco
fatídico.
Na segunda mitade os locais
sairon decididos a pecha lo encontro e basando o seu xogo nunha boa defensa e contraataques fulminantes foron
quen de aumentar a ventaxe ate os 8 goles no minuto 45, pero lonxe de seguir co
mesmo nivel, esqueceronse de que os encontros non rematan ate o minuto 60, e
principiaron os despropósitos, primeiro cairon en “guerras subterráneas” cos xogadores
rivais moito mais experimentados que buscaban desquiciar ante a falta de
respostas balonmanisticas, perdeuse de novo a concentración no xogo e a defensa
volveuse moito mais flebe, o exceso de
confianza fixo que xa non se enlazaran e se dera continuidade o ataque,
apareceron as exclusións nos minutos finais, un erro xa habitual no Conservas
Boya, e os visitantes foron pouco a pouco remontando no marcador, axudados
tamén pola señalización de varios sete metros canto menos discutibles, unha
proba da falta de concentración local foron varias accións nas que os rivais,
logo de lanzar e toparse co porteiro local, recollían o rechace e conseguían
materializar en gol accións que deberian ser contraataques locais, outra imaxe
deste despropósito e unha acción na que un xogador local en contraataque vai
mais atento o defensor que leva detrás, e perde unha ocasión clara de conseguir
gol por medo a que este (co que tiña a “guerra” mencionada anteriormente) lle
poidera dar un golpe por detrás.
Ainda asi a falta de 12 segundos
o Boya consigue o seu gol 29, pero nunha acción moi discutida, os colegiados
sinalan un 7 metros
por unha acción a un xogador sin balón que e agarrado cando pretendía recibir o
mesmo, lamentablemente a pesar de existir moitas accións similares durante o
encontro na area visitante non sinaladas, desta vez considerou apropiado
facelo, e o Viña Costeira lanzou un sete metros co tempo rematado que lle deu
un punto polo que loitou e que os errores locais lle permitiron acadar.
A pesar do punto perdido, os
Camariñáns poden resarcirse o vindeiro fin de semán ante o favorito Cangas, e
aplicarse a lección dada polo Viña Costeira que non baixou os brazos a pesares
de ir 8 goles abaixo no marcador a falta de 15 minutos, e xogando fora da casa,
un aspecto este no que son moi superiores o Camariñas, que e unha das cousas
pendentes que ten entre outras a mellorar.
Polo Camariñas destacar o seu
porteiro Lalá que estivo moi acertado mentres a defensa lle acompañou, polo
Viña Costeira os seus irmans celso e Juan que foron un pesadelo continuo para
os locais.
Outros resultados:
Xuvenil Masculino: Pabellón 36 Camariñas 25
Cadete Masculino: Ourense 31 Camariñas 16
Outros resultados:
Xuvenil Masculino: Pabellón 36 Camariñas 25
Cadete Masculino: Ourense 31 Camariñas 16
No hay comentarios:
Publicar un comentario