Os nosos rapaces foron quen de dar a sorpresa da xornada e acadaron dous puntos cos que ninguén (excepto o propio equipo) contaban a priori.
Unha siareira camariñana comentaba o finalizar o encontro ante o Viña Costeira que agora tocaba xogar fora e perder, pois que bo poder decirlle a todos e todas que os rapaces superaron todas as adversidades posibles; presentandose cas baixas de Jose Ramón por sanción, Lorenzo e Lalá con problemas físicos, e ainda así conseguirono.
O 21-24 do final fala as claras do partidazo de Felix na portería, e da boa defensa, que se esta a convertir na base principal do xogo Camariñán. A victoria se cadra ten mais mérito por ser ante o máximo favorito da competición que non perdera dende o inicio da mesma.
Noraboa rapaces e a seguir traballando para acadar dous novos puntos o sábado ante un rival ben compricado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario