Encontro onde se apreciou que a
recuperación dos lesionados e un punto importante para que o nivel de xogo
mellore, e que existan moitas mais opcións tanto en defensa coma en ataque.
O Conservas Boya principiou o encontro
cunha certa irregularidade, permitindose erros non forzados que noutro encontro
compricarian as cousas moito mais que neste, isto e un aspecto que debese
mellorar canto antes. Ainda así os locais tampouco aproveitaron as suas opcións
e os Camariñáns comezaron a despegarse no marcador. Sergio polo Deza era un
verdadeiro dor de cabeza, xa que continuamente conseguia fintar o defensor que
tiña diante, e coma as axudas non se coordinaban, conseguía goles, alguna
exclusión e asistencias para o seu extremo. Polo bando visitante o xogo era un
pouco mais colectivo e cando se lle daba continuidade o xogo, acadabanse
ocasions craras que na maioria das ocasions finalizaban en gol.
Aproveitando a profundidade de banquillo,
os visitantes renovaban a todolos xogadores de campo sen que por iso baixara o
nivel, gardando as forzas para unha segunda mitade no que se decidiría o
encontro xa que o Boya non conseguía pecha lo encontro, amosando certa
confianza, e chegando o descanso con 5 doles de diferencia no electrónico.
A segunda mitade principiou cos visitantes
dormidos en defensa, os do Deza conseguían gol en cada un dos seus ataques,
ainda que o marcador mantivose cunha diferencia que rondaba os 6-7 goles,
gracias o acerto atacante ou desacerto defensivo dos locais. Tardaron os
camariñáns en espabilar, polo que o Deza animado o verse ainda metido no
partido, intentouno con mais forza, dando un punto mais en defensa que fixo
dudar de novo os visitantes, que en varios ataques consecutivos tomaron
decisións dificiles de entender, dando a posibilidad os locais de achegarse ate
4 goles a falta de 6 minutos para o remate do encontro. Un contraataque
visitante derribou por fin as esperanzas dos lalinenses de remontar nos
derradeiros intres, e chegouse con tranquilidade o final.
Dous puntos que vistos os resultados da
xornada meten o Balonman Camariñas (6 puntos) de novo na loita por
entrar nos catro primeiros, ainda que debese mellorar arreo, xa que os próximos
rivais son superiores o Deza, e de seguro que ante eles non se poderan cometer
tantos erros.
Individualmente destacar a Victor que
axudou moito a correxir os errores defensivos, facendo paradas moi importantes.
O sábado que ven, nova final ante o seis
do Nadal, un equipo que chegará a Camariñas con 10 puntos, despois de perder os
derradeiros encontros e que supoñemos ca intención de canto antes acadar os
puntos necesarios para seguir nos postos de privilexio. Esperemos que os nosos
fagan un bo partido, e consigan devolverlle a moeda os vigueses que venceron na
primeira volta por 31 a 26.
Os xuvenís voltaron a perder un
partido mais por erros propios que por acerto do rival, as precipitacións en
ataque abusando de accións individuais, as perdas de balón non forzadas que
foron numerosas, sobre todo polos cadetes que deben cambiar a sua actitude para
poder aportar algo o equipo, xa que decir que salen cohibidos e pouco. Para
rematar a gran cantidade de erros no lanzamento provocaron que os de Camariñas
acadaran tan so 19 goles, que nun partido desta categoría siñifica no 95% das
ocasións derrota segura.
Podese decir que a excepción
dos extremos defendeuse ben e iste e un aspecto a manter, ainda que sobretodo o
que se debe intentar e aproveitar o xogo colectivo e estar comprometidos cos
compañeiros, e isto e un aspecto que moitos xogadores deben mellorar ao 100%.
Destacar polo Camariñas a
Martín que deixou todo no campo, sendo un perfecto exemplo do que pide o
adestrador a todos.
As infantís deron un pasiño
atrás na sua progresión, facendo un mal partido en Meaño, e perdendo por unha
diferencia de 20 goles; ainda que sempre e positivo dar un pasiño atrás para
dar o seguinte con mais impulso. O mellor e que son un grupo numeroso,
ilusionado e cohesionado, e ainda que a ninguén lle amarga un doce, o
verdadeiramente importante e seguir cas características deste gran equipo
Camariñán.
Pola contra as cadetes acadaron
un bo resultado ante o Rasoeiro (13-42), pero o seu xogo ante un equipo moi
limitado, foi inferior o amosado o fin de semana anterior, tamén podese ter en
conta as importantes baixas de María (ainda estando mal desprazouse para estar
cas compañeiras), Anita e Ivana, que con problemas fisicos as tres non puideron
xogar este encontro. Bo partido de Estela na portería que cada vez vaise
asentando mais nese posto tan compricado.
Este fin de semana recibese o
Seis de Nadal infantil e cadete, novos encontros para plasmar na
competición o traballado nos adestramentos.
No hay comentarios:
Publicar un comentario