Este fin de semán acadaronse as primeiras victorias dos equipos cadete feminino e xuvenil masculino, ambas fronte o Chapela de Vigo, tamén xogaron os cadetes masculinos que perderon contra o Chapela ainda que melloraron cousas respecto o anterior encontro.
Pola sua banda os seniors seguen en caida libre, este finde voltaron a perder ante o Tirso en Ferrol o Sábado por 31-25, e o Domingo 36-21 ante o Bueu, con estas derrotas e sobre todo polo nivel de xogo amosado as posibilidades de entrar no grupo que xoga polo campeonato son prácticamente nulas, xa que de 12 puntos disputados so se gañou o colista Deza. Polo tanto esperemos que desapareza dunha vez a ansiedade, se melloren cousas básicas no xogo individual e colectivo, o entrenador sexa capaz de dar ca tecla adecuada e motivar debidamente os seus xogadores, e ca recuperación dos lesionados podamos manteñernos na categoría, un obxetivo menos ambicioso pero non por elo mais doado.
No hay comentarios:
Publicar un comentario