EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



domingo, 1 de agosto de 2010

SI NON TES AUTODISCIPLINA...,

NON ERES LIBRE DE ESCOLLER QUEN QUERES SER

A excelencia no deporte so consiguese entregándote sempre o cen por cen, e cun nivel de exixencia máximo. Iso significa cada día da tua vida e non so nos partidos.

Estar motivado i entregarte nos partidos non e dificil, a todo o mundo gustalle xogar, nembargantester ese mesmo desexo cando nos preparamos e o que distingue a un xogador normal, dun verdadeiro campeón. A motivación actua multiplicando o rendimento.

Todolos equipos e todolos deportistas teñen dous niveis de rendimento no día a día (máximo e mínimo), todos temos o noso mellor día e o noso peor día, temos que preocuparnos ou ocuparnos de que ese rendimento sexa o mais estable posible, e decir que o peor día este o mais preto posible do mellor día. Evidentemente, isa igualdade debe atoparse facendo subir o nivel do peor día. A clave para que iso suceda e simple, ainda que non e doado, pero e simple. Cando un xogador esta cansado baixa o seu nivel de de esforzo mínimo o que está acostumado cando adestra, da mesma maneira baixa as suas pulsacións ate un nivel que o marca o seu estado de adestramento. O segredo para conseguir a estabilidade que buscamos reside na dedicación, concentración i exixencia que cada xogador aplica en cada adestramento.

Por iso e imprescindible plantearse un nivel de exixencia e motivación na actitude nos entrenos. Esa costume non se adquire competindo, se consigue nos adestramentos, e o que nos podemos agarrar cando as cousas non saen ben, se non tes ese derradeiro recurso, non terás nada no que apoiarte e perderás.

Para conseguir o máximo tes que traballar todos e cada un dos entrenos dando o cen por cento en todalas situacions, ate que sexa unha costume, unha rutina. Tes que marcarte un obxetivo moi alto para decir : "de aqui non vou baixar nunca, e cada dia pasarei por riba del, cada día", Entrega absoluta e nunca xamais aforrar esforzo.

O primeiro obxetivo como equipo este ano non podemos marcalo, porque se o marcamos pode limitarnos, polo tanto debemos traballar a reo e nunca baixar o máximo nivel que podamos alcanzar, tanto nos adestramentos coma nos partidos. Temos que lembrar sempre que a Disciplina danos liberdade.

 ¡¡Graciñas Xesco!!

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog