Incorporanse o noso clube o xogador carballés Mauro Montero e o Dezano Salvador Gonzalez.
Mauro e un rapaz nado no ano 82, mide 1,95 e pesa 94 Kg, no seu historial deportivo destaca o seu paso por equipos coma Universidade de Navarra, Adeslas Burgos e Oar. Ainda que o derradeiro ano xogou de pivote, tamén pode desenvolverse no lateral esquerdo, e vainos aportar mais centimetros e Kilos para poder dar mais variantes o noso xogo tanto ofensivo coma defensivo.
Pola sua banda Salva e un xogador nado no ano 81, formado no Club Balonman Lalín, e que tamén formou parte do Ribeira, do Oleiros e do Balonman Deza, Salva e un primeira liña, cunha gran capacidade física e un lanzamento mais que aceptable, sendo nestes derradeiros anos un dos mellores xogadores da primeira autonómica, tamén cos seus 1,86 m. vai axudar o equipo apuntalando a zona central defensiva e aportando perigo de cara o gol. Podedelo ver co número 11 fai algunha tempada co Balonmán Lalín.
Benvidos os dous
No hay comentarios:
Publicar un comentario