Na despedida da competición ligueira no Pavillón do Areal, ante uns xiareiros que foron homenaxeados polo seu apoio co lanzamento a grada de camisetas conmemorativas, o Conservas Boya deu boa conta do seu rival, vencendo con autoridade por 34 a 23 (11-9 o descanso).
O encontro principiou de cara para os locais que amparados na sua defensa primeiro, e logo no seu porteiro Victor estragaban as opcións goleadoras dos vigueses, e ainda que con algún erro na finalización conseguian as primeiras ventaxes importantes no marcador que rondaban os catro goles na mitade desta primeira mitade. Ainda así os visitantes non daban seu brazo a torcer e conseguian manterse no partido e reducir esas distancias ate os dous goles.
A segunda mitade principiou de novo cos mesmos ingredientes da primeira, pero cos nosos rapaces mais frescos fisicamente e mantendo o seu gran nivel defensivo, axustando as respostas defensivas o xogo combinativo dos olivicos, e cun chisco mais de atención os seus cruces, o froito foi caendo de maduro, e as distancias foron aumentando paulatinamente para tranquilidade dos camariñáns que xa mais tranquilos desenvolvianse con moita mais confianza e efectividade na pista.
Chegouse así o final do encontro, con tempo e posibilidade para que todos os xogadores locais participaran, entre vitores sobretodo a Alan Fuentes que deixou moitos detalles da sua calidade i entrega, e que de non seguir xogando a tempada que ven, votaranse moito de menos no xogo do Boya.
Jose Ramón acadaba o gol 9000 na historia do clube, e incluso houbo tempo (debido a un malentendido) de celebrar a clasificación para a fase de ascenso co noso amigo Alan manteado no medio da pista polos seus compañeiros.
A verdade e moi diferente, o sábado vindeiro os nosos rapaces teñen a oportunidade de materializar o soño de ser campeóns da categoría, e algo que seguramente non agardaba ninguén fai poucos meses, e independientemente de conseguilo ou non, os rapaces deben estar orgullosos de conseguir este ano encher o pavillón do Areal en varias ocasións, e de conseguir a mellor clasificación ligueira da sua historia.
O sábado que ven non e o final, e o principio dun equipo que sabe do que e capaz e que estamos seguros terá moitos partidos como o deste sábado nas vindeiras tempadas, a directiva porá transporte gratuito para aqueles xiareiros que queiran acompañar o equipo a sua visita a Bueu.
JRASIAS POR ESTAR CON NÓS
EQUIPO | PJ | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS | DIF. | SANCION | |
1 | C.B. CAMARIÑAS-CONSERVAS BOYA | 13 | 9 | 2 | 2 | 386 | 341 | 20 |
45
| |
2 | GAEVA200 BUEU ATL | 13 | 9 | 1 | 3 | 420 | 377 | 19 |
43
| |
3 | EXPLOTACIONES MINERAS DEL MORRAZO | 13 | 9 | 1 | 3 | 367 | 329 | 19 |
38
| |
4 | VIÑA COSTEIRA RIBEIRO | 13 | 6 | 3 | 4 | 383 | 375 | 15 |
8
| |
5 | GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL | 13 | 7 | 1 | 5 | 392 | 396 | 15 |
-4
| |
6 | HIERROS MIGUEL SEIS DO NADAL - COIA | 13 | 3 | 1 | 9 | 315 | 369 | 7 |
-54
| |
7 | CALI PAVI ATL. NOVÁS | 13 | 2 | 2 | 9 | 337 | 376 | 6 |
-39
| |
8 | LA PIZZICATA ATL. GUARDES | 13 | 1 | 1 | 11 | 343 | 380 | 3 |
-37
|
No hay comentarios:
Publicar un comentario