EQUIPO | PJ | PG | PE | PP | GF | GC | PUNTOS | DIF. | SANCION | |
1 | GAEVA200 BUEU ATL | 9 | 6 | 1 | 2 | 285 | 256 | 13 |
29
| |
2 | EXPLOTACIONES MINERAS DEL MORRAZO | 9 | 6 | 1 | 2 | 249 | 227 | 13 |
22
| |
3 | C.B. CAMARIÑAS-CONSERVAS BOYA | 9 | 5 | 2 | 2 | 262 | 243 | 12 |
19
| |
4 | VIÑA COSTEIRA RIBEIRO | 9 | 4 | 3 | 2 | 275 | 264 | 11 |
11
| |
5 | GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL | 8 | 5 | 0 | 3 | 252 | 245 | 10 |
7
| |
6 | CALI PAVI ATL. NOVÁS | 8 | 1 | 2 | 5 | 213 | 238 | 4 |
-25
| |
7 | HIERROS MIGUEL SEIS DO NADAL - COIA | 8 | 2 | 0 | 6 | 197 | 229 | 4 |
-32
| |
8 | LA PIZZICATA ATL. GUARDES | 8 | 0 | 1 | 7 | 209 | 240 | 1 |
-31
|
Presentabase no Areal un dos equipos favoritos para acadar o titulo, un Cangas que nesta segunda fase non destacaba por acadar moitos goles, pero dende que rematou a primeira volta os nosos rapaces perderon ese nivel de intensidade e concentración defensivas cos levou a colocarse lideres e permanecer seis semanas no mais alto da clasificación, e iso o Cangas aproveitouno cun partido sobrio e serio, todo o contrario cos nosos rapaces, que no día de onte concederon demasiadas ventaxes o rival, cometendo erros infantís que semellaban superados.
Ainda asi a igualdade foi a tónica do primeiro tempo, con sucesivos empates e ventaxes de un gol para un e outro bando, no bando local Felipe mantiña o resultado cos seus lanzamentos explosivos e inesperados que conseguian sorprender o porteiro visitante. Os do Morrazo aproveitaban a relaxación local nos seus repliegues, e atopaban dexaxustes defensivos que comenzaban pola esquerda e finalizaban pola dereita.
Pero este plantexamento de intercambiar goles non e beneficioso para os nosos, e cando os erros habituais de calquera encontro veñen acompañados de erros "non forzados" coma sucedeu, o rival consigue unha ventaxe no marcador e a partires de ahi chegan as prisas, a ansiedade, e mais cousas ainda peores..., como "regalar" o rival superioridades numéricas.
Ainda así chegouse o descanso cun 15-16 a prol dos visitantes, que podía ser arranxado se o nivel defensivo trocaba..., pero iso non sucedeu, existen exemplos varios, imaxes concretas que poden resumir o estado de ánimo dun equipo o longo dun encontro, o seu estado de concentración, etc., e cando se ven os extremos do rival circular sen oposición da defensa, chegando ate o centro da mesma sen antes ser retidos ou "cantados" fala ben destes aspectos; se o rival chega a zona central ate os oito metros e lanza sen oposición; se non se identifica o perigo do rival e se está a pensar simplemente no ataque anterior ou seguinte pouco se pode facer por gañar un encontro.
Logo dos erros chegan os "parches", cambios de sistemas defensivos, xogadores, etc, pero o mal xa está feito, e non se pode tapar con "adornos" a falta do verdadeiramente importante a hora de defender.
Polo tanto a segunda mitade viu a ser un calco da primeira, O Cangas iba por diante, pero sin ser capaz de despegarse mais de dous goles, e os nosos rapaces que intentaban achegarse sen conseguilo, xa que o que acadaban no ataque, perdiase na defensa, o tempo iba pasando e as precipitacións iban aumentando e o Cangas aproveitabao ben para despegarse un pouco e chegar ate os catro goles coincidindo con algún "regaliño" local.
Chegabase os derradeiros dez minutos e tiveronse oportunidades de achegarse ate os dous goles con superioridade, pero a falta de paciencia, e o querer meter goles a pares evitou que se tivera oportunidades de recuperar o terreo perdido.
Destacar no Boya a Felipe que mantivo o equipo no marcador cos seus lanzamentos.
Quedan 5 xornadas para rematar a competición e todo ainda por decidir, chegan unhas xornadas nas que os nosos rivais pola parte alta enfrontase entre si, e iso debe ser aproveitado polo Boya, pode que esta situación non se volte a repetir en anos, e non aproveitala por unha mala mentalidade seria algo do que arrepentirse, así que rapaces a erguerse que ainda non se perdeu nada.
No hay comentarios:
Publicar un comentario