Os nosos rapaces estan a escribir unha das páxinas mais fermosas da historia do Club, marchan líderes da competición cun punto sobre o segundo clasificado que visita o Areal o vindeiro sábado nun encontro que debe ser unha festa independientemente do resultado, xa que esta situación a firmaria calquera o principio da tempada.
O Boya saiu a pista con algún resquicio dos defectos de sempre coma visitantes, ainda que a situación actual dalle os nosos rapaces un motivo mais polo que loitar e automotivarse cando as cousas non saen ben de todo. O rival pese a non puntuar ainda, ten un equipo moi digno e cunhas caracteristicas que non lle veñen nada ben os nosos rapaces, e compricado facerlle fronte se non estas o 100% e os nosos sairon cun chisquiño menos co que o marcador oscilou entre os dous e catro goles de ventaxe para os locais, un cambio de xogadores e sistema no minuto 15 permitiu achegarse no marcador a un gol no minuto 20, pero varios erros na finalización seguidos fixeron co guardés aproveitase a circunstancia e voltou coller ventaxe, ainda así chegouse o descanso cun 15-13 no marcador, e ca sensación de que apretando un pouco mais poderiase acadar o botín dos dous puntos en xogo.
A segunda mitade principiou co Boya xa o 100%, sobre todo en defensa e agora os rechaces do porteiro Victor xa non caian nas mans dos locais, xa eran os nosos os que marcaban o ritmo do partido, os que subian o balón mediante moncho e quin e finalizaban con claridade e case sempre tomando a decisión correcta, cando tocaba xogar en ataque posicional todos cooperaban e se lle daba a continuidade necesaria, tendo en Fari un estilete no extremo esquerdo, cando non un Salva moi acertado conseguia dobregar a defensa local e dar folgos os seus compañeiros, e a defensa seguia a funcionar, e o maior nivel fisico dos nosos rapaces (mais profundidade de banquillo) permitialles manter un ritmo alto cos da Guardia acusaban co paso dos minutos. Ainda asi estes con moito orgullo foron quen de voltar a nivelar o encontro a 26, un novo troco no sistema defensivo, cunha defensa mixta sobre o lateral esquerdo local, fixo cos locais titubearan e o Boya aproveitou para rematar o rival aproveitando os seus ataques, rematando cun gol de Quin, certificando a sua boa actuación.
Polo Boya destacar a Quin que xunto a Salva e Victor foron os pilares nos que se asentou o equipo.
No hay comentarios:
Publicar un comentario