O encontro de honte ante o Poio certificou as liñas maestras sobre as que debe asentarse o xogo do noso equipo senior na segunda fase, un equipo motivado, unido e todos tirando na mesma dirección cun obxetivo común.
Principiou o choque con plantexamentos moi dispares, os visitantes saian cunha defensa aberta, con profundidade sobre os laterais para ser quen de anular o maior perigo dos de Poio, e os locais pola contra utilizaban unha defensa pechada aproveitando a corpulencia i envergadura dos seus xogadores.
A intensidade defensiva dos de Camariñas facialles porse pronto por diante no marcador, xa que conseguian provocar erros no ataque local. Logo en ataque, gracias a velocidade do seu xogo colectivo (ben dirixido dende o central polo capitán Moncho), permitialles os nosos rapaces acadar goles por medio de Felipe moi acertado nos seus lanzamentos, por si fora pouco os contraataques en primeira oleada de Xavi, mais os de segunda oleada de Quin non facian se non ir aumentando a diferencia no marcador. Aproximadamente na mitade deste primeiro acto, o adestrador local solicitaba un tempo morto para intentar cortar o vendaval visitante..., o marcador reflexaba unha diferencia de 5 goles a prol do Camariñas.
Non variou o guión do encontro e os "guerreiros" camariñáns continuaban ca sua defensa implacable que so nalgunhas ocasións o lateral local Borja conseguía evitar con lanzamentos exteriores, mais iso non era suficiente e o Boya marchaba o descanso cun 10-17 esperanzador.
A segunda mitade principiaba ca intención dos visitantes de darlle unha volta de torca mais o seu xogo, aumentar a distancia, e deixar o partido visto para sentencia, os locais pola contra debian mellorar a sua eficacia ofensiva e intentar frenar o ataque camariñán. Nos primeiros minutos o Boya conseguiu aumentar o seu nivel defensivo e sorprender o Poio, pero errou no mais sinxelo, non materializando os seus lanzamentos ca única oposición do porteiro. Os locais conseguiron que a diferencia non aumentase e incluso conseguiron porse a 5 goles nuns intres no que o nivel defensivo do Conservas Boya xa non era tan fiable e se cometían bastantes erros nos cambios de oponente e nas axudas defensivas, aproveitou esta situación o adestrador local para cambiar o seu sistema defensivo, colocando unha defensa individual sobre Moncho, ahi surxiu Quin, que saindo desde o extremo conseguía crear ocasións craras de gol para os seus compañeiros unhas veces e outra era el o que acadaba goles despois de fintar os seus defensores con gran maestría.
No minuto 20 da segunda mitade cunha diferencia de 7 goles o equipo local se via impotente para levantalo, e os homes de refresco dos visitantes remataron a "faena", ainda tivo tempo Felix de disputar uns minutos e o xuvenil Martín de conseguir o seu "goliño de rigor" para rematar a festa nos vestiarios e na viaxe de volta donde os cánticos e a festa non parou ate chegar a casa co mais veterano Alan como mestre de cerimonias.
Neste encontro non se pode destacar ningunha individualidade, todos se esforzaron o máximo das suas posibilidades, pero si hai que destacar a dous xogadores nesta primeira fase: os capitáns Moncho e Quin, foron un exemplo de compromiso e implicación dende Agosto ate agora, e seguro que seguirán dando exemplo os seus compañeiros no que queda de tempada.
Agora hai que seguir traballando para mellorar o posto conseguido o temporada pasada e si se pode acadar a mellor crasificación do Conservas Boya na sua historia, e de resaltar que a inmensa maioria dos xogadores e a base do equipo e Camariñán (15), cos mais novos Xavi, Fari, Perón, Felix, Diego, Martín , Caamaño, Cristian e Bruno permiten ter unha base sólida sobre a que seguir traballando neste ilusionante proyecto, e cos veteranos (ainda que non en idade) Alberto, Moncho, Quin, Felipe e Lalá ainda teñen moito que aportar. E dende eiquí felicitar tamén a sufrida directiva, que nuns tempos de crisis coma os que vivimos redoblan os seus esforzos e consiguen sacar este club adiante, sen esquecer a cantidade de actos que organizan arredor deste equipo, aproveitando recordar que o dia 25 celebrase a VII festa do Balonmán no pavillón do Areal, este ano ca presencia das orquestas Chaston e Philadelphia
O dia 28 será o sorteo do calendario da segunda fase que comezará o fin de semán do 16 de Xaneiro, nos que os rivais serán Cangas, Carballal, Novás, Bueu, Viña Costeira, Seis do Nadal e Guardés
Bon Nadal
No hay comentarios:
Publicar un comentario