EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 29 de noviembre de 2010

"VODEVIL" NO AREAL...

Conservas Boya 30 Bueu Atl. 31

Partido moi competido, no que o Camariñas conseguiu sobrepoñerse a todo agás dous individuos que viñeron o Areal con gañas de erixirxe en protagonistas, polo que afearon un partido para lembrar dos locais.

Nada mais comenzar o encontro Alan caia lesionado por mor dun mal golpe que recibiu dun defensor contrario e que lle fixo recibir atención médica, como prolegomeno do que logo viria quedou sen sanción...

O Boya gracias a sua boa defensa compricaba a vida o Bueu, e ia por diante no marcador con ventaxes que oscilaban entre os dous e tres goles, o nivel de xogo despregado polos locais era superior o nivel visitante, que conseguian manterse no marcador polas suas individualidades,  algún erro na finalización permitiu achegarse o Bueu ate un gol, marchando cara os vestiarios cun 15-14 favorable os camariñáns.

A segunda mitade principiou cun Camariñas que seguía a defender con solvencia e conseguía goles con facilidade, acadando ventaxes que rondaban os tres ou catro goles, ate que os irmáns Eiras decidiron que xa estaba ben, e comenzaron a desequilibrar o encontro a base de exclusións xa que en canto os ocais acdaban catro tantos de distancia, recibian unha exclusión para que a renta non aumentase e fora reducida a dous, polo camiño golpes francos a prol do Camariñas que non eran sancionados, lanzamentos craros nos que sinalaban os locais pisando, e iso si unha prepotencia e arrogancia  que logo terminaría por facer tolear a grada.

Como queira que cun home menos o Bueu ainda non fora quen de remontar o marcador, os colexiados fixeron un novo "esforzo" e deixaron os conserveiros con 4 xogadores de campo para ver si así remataban a "faena", como ainda non chegou, con empate a 30 no marcador e a falta de 25 segundos para chegar o final, Alberto roubou un balón e iniciaba o contraataque cando foi interrumpido polo asubío dun arbitro que concedía tempo morto os visitantes, xa que debía pensar que merecían outra oportunidade, mentras os adestradores daban as consignas os dous colexiados no medio do campo reian (literalmente, non e unha metafora) e iso encendeu ainda mais a unha grada que non saia do seu asombro pola desfeita que estaban a facer os dous señoritos de gris. un lanzamento do extremo esquerdo visitante foi interceptado por Lalá, mais o rechace foi parar a un xogador do Bueu, tiveron tempo para entrar dende o outro extremo e ser obsequiados polos protagonistas do encontro cun sete metros mais que dubidoso, ainda que daba igual, porque a pesares que o arbitro estaba a menos de dous metros da acción foi capaz de comentar a un xogador do Camariñas que lle preguntou que pitara que non o sabía, pero bueno, un par de palabriñas co seu compañeiro (que estaba bastante mais lonxe da acción) fixo que o pitado fora un sete metros. "Xa que fixemos a desfeita, rematemola", deberon pensar os dous actores principales da función vivida o Sábado no Areal).

Gol do Bueu e os dous puntos que marchaban cara a Bueu, logo do espectaculo, os responsabeis do Conservas Boya protexeron os arbitros camiño dos vestiarios, ainda que foron increpados pos un siareiro que lles pedía explicacións, e outro que lles preguntaba de que se reian no tempo morto, ahi seguramente pola sua mala conciencia cambioulles a cara, e ainda tiveron a "cara" de encher o acta con mentiras e medias verdades, decindo que foron empuxados e que case caen o chan, exaxerando a mala fé e non refrexando en acta que foron protexidos por varios responsabeis do Conservas Boya, tamén escribiron que o adestrador local foi descalificado no minuto 58, cando esa descalificación foi logo de pitar os derradeiros 7 metros a falta de 5 segundos para o final.

Para rematar o vodevil, un xogador dos visitantes, que curiosamente e do mesmo gremio (árbitro) e que incumple as normas de compatibilidades que veñen no Norebaga con permiso da Federación, dedicouse a meter mais cizaña, suponse que estaría gañando amizade para próximos encontros.

No deportivo destacar polo Boya a Quin moi eficaz nos seus lanzamentos e moi impricado en tarefas defensivas.

Outros resultados:

Clube Balonmán Narón 22 - 27 Encaixe Camariñas

O Balonmán Feminino Encaixe-Camariñas saíu vencedor do derbi coruñes ante o Balonmán Narón por un claro 22-27. Os dous únicos conxuntos femeninos da provincia enfrontábanse nun encontro que se adiviñaba emocionante e igualdado ata os derradeiros minutos, e así foi. As camariñanas foron por diante durante os sesenta minutos, a non ser nos primeiros quince, nos que se alternaron varios empates no electrónico. As do Encaixe saíron moi metidas no encontro e coas ideas moi claras en defensa, as laterais locais non atopaban boas situacións de lanzamento ante a presión camariñana, as extremos non eran quenes de desbordar no un contra un e os pases a pivote eran ben interceptados polas defensoras palilleiras. As visitantes aproveitaron o desconcerto do ataque ferrolán para acadar varias recuperacións de balón e imprimirlle máis velocidade ao xogo mediante contragolpes directos que lle permitían manter a mínima vantaxe no electrónico; no ecuador do encontro, o marcador reflictía un 11-12 a prol das da Costa da Morte.


Na segunda metade o Encaixe chegou a despegarse cunha diferencia de ata cinco goles; a defensa mixta das de Narón sobre Minchu deixaba máis espazos atrás, Ali apoiaba ben ás súas compañeiras dende o pivote, permitindo que Laura e Cris Bareriro recibisen en carreira e acadasen situacións claras de gol ante a portería local, ao mesmo tempo, Minchu debordaba facilmente en ataque para que Sara e Aida finalizasen con éxito dende os extremos, e Sara Morandeira facía o propio en portería. Nos derradeiros cinco minutos, un amago de reacción local reducindo a diferencia a tres goles, foi rexeitado por varias paradas de Sara baixo os paos. Ao final o resultado foi un xusto 22-27 favorable ao Encaixe.

O Encaixe descansará esta xornada polo parón da competición, pero a vindeira semana recibirá ao Atlético Bueu.


Os xuvenís acadaron un empate a 29 contra o Artabro-Oleiros nun partido para esquecer polo nivel amosado, xa que os nosos teñen moito mais balonmán e deberían polo en práctica.

Os cadetes na sua liña perderon por goleada ante un Artabro moi superior tanto en xogo coma en actitude

As cadetes acadaron unha nova victoria por goleada a costa do Caselas 

As infantís gañaron por 27-26 o Moaña nun encontro que fixo desfrutar os siareiros pola sua emoción.

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog