EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



viernes, 20 de agosto de 2010

CONSERVAS BOYA CAMARIÑAS 24 OAR 33

Sin tempo practicamente de recuperarse da carga física o Conservas Boya disputou un bo partido, igualado na meirande parte do mesmo, Saindo no equipo titular Victor, Alan, Felipe, Moncho, Alberto, Quin e Diego, conseguiron recuperar sensacións positivas, e vironse detalles ilusionantes. Neste partido os camariñáns si xogaron con xeito, esquecendo as individualidades e combinando moito mais. En defensa o equipo amosou boa cara e actitude, e incluso no tramo final da primeira parte pechouse a defensa a 6:0, con unha eficacia que non era de prever.
Quizás os locais deben deben de aproveitar mellor o seu banquillo, xa que ainda se miran bastantes defectos de acoplamento, e algunha laguna na concentración defensiva que e necesario remediar, pois cantos mais xogadores sexan capaces de dar o nivel, mais ritmo poderase apricar os partidos.

Polo OAR destacou o porteiro Camariñán Cristian, que na primeira parte convertiuse nun muro moi compricado de superar, tamén estuvo a bo nivel Miguel Lozano e a nova fichaxe arxentina.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog