EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 24 de mayo de 2010

Festa do Balonman en Camariñas

Este Domingo pasado día 23 de maio, vivimos no Areal unha festa do Balonmán, donde tiveron cabida os mais pequenos e os mellores xogadores galegos da actualidade.

Pola mañán desputaronse as fases finais provinciais de benxamins e alevins, participando nelas 6 equipos pertencentes a 4 clubes Oar Caixanova, Camariñas, Artabro Oleiros e Santa Comba.

Felicitar os participantes, e os gañadores Oar Caixanova en Benxamins e Artabro Oleiros en alevins, tamén felicitar a todolos que fixeron posible esta xornada (arbitros, mesas, etc), tendo cada cousa no seu lugar, e facendo que a xornada se desenrolara sin problemas.

Dos nosos resaltar o avance dos benxamins, que deixaron patente na pista a sua mellora, e que loitaron coma jabatos e jabatas ante rapaces con mais anos a maioria e polo tanto mais desenvoltos no xogo, e con maior capacidades fisicas. Os alevins lastrados polas baixas, por mor dunha excursión estiveron sen cambios ate o derradeiro encontro onde os nosos benxamins foron quen de votarlles unha man, ainda asi destacar a progresión de Fran na porteria e Pablo que continua sendo unha dor de cabeza para os rivais (que según me contaron incruso foi vitima dunha defensa "persoalizada" nun dos partidos)

Pola tarde o Conservas Boya tiña coma rival o Oar da Coruña, e pese a comezar ben o choque, indo por diante no marcador ate mediada a primeira parte, os cambios para dar folgos os xogadores de principio fixeron baixar a intensidade defensiva e os Coruñeses conseguiron finalizar a primeira mitade con 12-15 no marcador a pesar da boa actuación de Lalá na portería.
O segundo tempo foi unha continuación dos ultimos minutos da primeira mitade, un Oar que acadaba goles ben doados, e un Conservas Boya que intentaba equilibrar o marcador da peor forma posible (sen defender e a base de individualidades en ataque). Os cambios de postos, defensas e xogadores non serviron de nada, xa que calquera xogador herculino era capaz de fintar os nosos e provocar superioridades ( o único que se salvou da queima foi Perón, que a forza de adestrar ben remata a tempada cun posto fixo no equipo), por conseguinte resultado final de 30 - 37. Polo Oar destacar a sua primeira liña, en especial De las Heras.

Remataba a Xornada co partido agardado por todos, a nosa selección, que tiña enfrente unha Gran Bretaña demasiado frouxa para facerlle frente, poido verse momentos de defensas agresivas, algún pique, flays, roscas imposibeis, blocaxes estratosféricos e pases increibles (Victor Vigo deu unha exhibición de visión de xogo...). A grada chea pese o bo dia de praia, pese o futbol, e pese a todos. Polos ingleses o seu nº8 (lateral esquerdo) e o porteiro da segunda mitade foron os mais destacados en opinión da maioria de "balonmanistas"

E rematou o día con todos cansados, pero satisfeitos de que a capital do Balonman foxe por un día Camariñas.


No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog