EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 23 de mayo de 2011

Fin de Tempada

Fai click na foto para vela ampliada.

Este Sábado ponse fin a tempada 2010/2011, as 11:00 da mañán no pavillón do areal están citados todos aqueles rapaces que queiran vir a xogar partidos de minibalonmán (equipos de catro ou cinco xogadores) e os que lle guste poden pre-apuntarse o balonmán de cara o ano que ven, o terminar (sobre as 12:30) xogarase un partido entre amigos dos papanatas, e amigos dos capitans (pode participar todo o que queira, xiareiros, directivos, técnicos etc.)
E como punto final faremos unha xuntanza na que o entrenador Dioni despedirase dos seus  compañeiros estes dous anos, e ademais para seguir celebrando o campeonato e o ascenso a primeira división nacional do Conservas Boya cunha paellada, o que queira apuntarse ten que pagar 5 euros por cabeza e avisar a Dioni mediante sms o número de telefono 670423206 antes do Xoves pola noite.

jueves, 12 de mayo de 2011

EN PRIMEIRA TAMÉN PODEDES!!



¿Quen pensaba que se podía conseguir cando principiamos a camiñar xuntos fai dous anos?
¿e agora? xa estades en primeira, si creedes, ides poder,

PD: ainda que lonxe, estarei con vos, teño toda a fe en que ides a facelo ben, que vos esforzaredes por conseguilo, disfrutade do camiño e a meta cehgará.

martes, 10 de mayo de 2011

FASE INOLVIDABLE

Debido a importancia da fase, e o traballo que leva preparar todo para estar o 100% non se fixeron crónicas dos partidos, agora imos facer un breve resumo do acontecido nestes maravillosos tres días de balonmán no pobo de Camariñas.

Primeiro día, Venres 6 de Maio

Principiou a fase co partido Panelais ciudad de Salamanca contra o BM Plasencia, o Salamanca gañou pasando por riba os extremeños, un partido sen historia dada a superioridade charra que aproveitou moi ben as suas caracteristicas ante un equipo moi limitado sobretodo en defensa.
Os nosos rapaces debutaron contra os canarios, un equipo con moita veteranía e cun porteiro que conseguiu desquiciar os nosos, un arbitraxe lamentable mandou o noso Capitán Moncho a ducha no minuto 8 de encontro (logo houbo moitas mais accións merecedoras de tarxeta vermella pero non foron amosadas...), ainda así o equipo foi capaz de sobrepoñerse a falta do lider, foi capaz de superar o arbitraxe (nova vermella a Perón despois de que lle deran un cobadazo en toda a cara...), foi capaz de superar o aciago día no lanzamento, e finalizou o encontro cun empate que deixaba as opcións intactas, ante un equipo cunhas carcteristicas (veteranía, envergadura, experiencia) nada favorables os nosos, que na súa competición caseira nunca tiveran equipos deste tipo diante.

Segundo día, Sábado 7 de Maio

o primeiro partido gañou o Salamanca os Canarios, debido a unha arbitraxe moi deficiente non se pode decir se foi xusta ou non, moita xente rematou de ver o partido sen saber quen dos dous equipos era o mellor, debido as decisións arbitrais tan irregulares que foron as protagonistas do choque, para fortuna dos locais os charros gañaron de dous goles (ainda que case todos agardaran unha victoria mais clara).

O segundo partido entre o BM Plasencia e o Conservas Boya presentabase coma a oportunidade dos locais para coller confianza alguns, e introducir rotacións para encarar o decisivo encontro do Domingo ca xente fresca, a relaxación nos primeiros minutos, fixo que os locais non se "marcharan" no electrónico ate o final do primeiro tempo, onde acadou unha ventaxe tranquilizadora que aumentou o principiar o segundo tempo ate chegar os 9 goles, ainda asi os extremeños non se deixaron ir coma no primeiro día e seguiron loitando, aproveitando as rotacións locais e algunha inferioridad, achegaonse no marcador, pero cando o Boya voltou a apretar en defensa quedaron sen opcións, e finalizou o encontro cun 30-34 e todo por decidir...

Tereciro día, Domingo 8 de Maio

As 9:30 da mañán o Laguna daba boa conta do Plasencia gañando con soltura por 11 goles, a pesar da diferencia novamente os arbitros fixeron das suas, en fin, un sector para enmarcar para estes dous.

As 12:30 principiaba a finalísima, gañar significaba ascender, o maior medo dos locais eran os nervios que moitas vegadas xogan malas pasadas, e mais ante un Areal cheo coma nunca se recorda, ante unha afición que foi o mellor desta fase, que forma de cantar e animar, que comportamento, ainda sen haber gañado os rapacs sairon sentindose campeons.
O encontro comenzou cun Boya case que perfecto, unha defensa agresiva, dinámica e intelixente, que pechou os camiños cara a Victor dos charros, e cando eran capaces de saltar a defensa topabanse cunha nova barreira, o muro de Victor, en ataque os lanzamentos de Felipe facian saltar dos seus asentos os xiareiros e os goles ian caendo ante un Salamanca incapaz de contrarestar as armas locais, tempo mmorto cun 8-2 que non cambiou nada, o Boya seguiu o seu e aumentou a ventaxe ate un 20-10 o descanso sorprendente a vez que merecido, so quedaba saber administrar a ventaxe na segunda mitade. pola outra banda os salmantinos non daban crédito o que lles caia enriba, seguramente o papel de favoritos non lles beneficiou moito, semellaba que sairan a xogar un trámite...
A segunda mitade non ten mais historia, diferentes cambios defensivos charros, ben atacados polo Boya que mantivo a sua intensidade defensiva, permitindo o Salamanca achegarse o marcador ate os seis goles, aproveitando algún acerto do seu porteiro e as exclusións que comenzaban a caer nos nosos, Pero non foi dabondo e a medida que o Areal iba enchendose mais ate reventar nuns derradeiros dous minutos inolvidables.

extenso reportaje con fotos y demás en www.Camarinas.eu pincha eiquí

CAMPEONES OE OE OEEEEEEE


Archivo del blog