EQUIPO:


XENEROSIDADE: para axudar os compañeiros
HUMILDADE: para deixarse axudar
COMPROMISO: Ser humildes e xenerosos e relativamente sinxelo cando as cousas van ben, cando remata a diversión comeza o compromiso



lunes, 21 de marzo de 2011

seguimos na "pomada"


EQUIPOPJPGPEPPGFGCPUNTOSDIF.SANCION
1EXPLOTACIONES MINERAS DEL MORRAZO1071227624915
27
2C.B. CAMARIÑAS-CONSERVAS BOYA1062229026714
23
3GRANITOS IBÉRICOS CARBALLAL1070331930814
11
4GAEVA200 BUEU ATL1061331829213
26
5VIÑA COSTEIRA RIBEIRO1043329729111
6
6HIERROS MIGUEL SEIS DO NADAL - COIA103072392756
-36
7CALI PAVI ATL. NOVÁS101272582904
-32
8LA PIZZICATA ATL. GUARDES101182642893
-25


Quedan catro partidos e o soño sigue en pe, despois de varios encontros no que o nivel defensivo do equipo decaera, esta xornada os nosos rapaces sairon a pista con certa inseguridade, ainda así o partido comezou igualado con empates continuos no marcador, debidos sobre todo o desacerto de ambos equipos cara a portería desaproveitando os nosos un sete metros e alguns lanzamentos sen oposición, que poderían dar mais tranquilidade.

A defensa do Boya mellorou, así coma as prestacións de alguns xogadores que ainda que siguen por debaixo do seu nivel, amosaron unha leve recuperación, que agardamos certifiquen neste tramo final da competición, necesitase cos nosos cheguen cargados de moral e acerto para disputar ese primeiro posto polo que se leva loitando dende Agosto.

Con estes mimbres o partido chegou ate o descanso cun 12-12, que daba esperanzas os nosos xa que o sua profundidade de banquillo e superior e o desgaste físico podería beneficiar a medida que pasasen os minutos.

No comezo da segunda mitade os nosos sairon un pouco mais enchufados, e acadaron unha pequena ventaxe de tres e catro goles que foron a clave do encontro, con ese pequeno colchón os nosos gañaron confianza e iso lles permitiu superar un pequeno bache de xogo no minuto 40, os rosaleiros trocaron o 5:1 da primeira mitade por un 6:0 que conseguiu por momentos facer dudar os xogadores visitantes, pero neses momentos o nivel do porteiro Victor non baixou e mantendo o seu elevadisimo nivel, permitiu o Boya manterse no marcador, e logo de superar ese bache ofensivo, xogar ca certeza de que os dous puntos viaxarian para Camariñas, a primeira liña camariñán conseguiu mais seguridade e continuidade no seu xogo, e aproveitando unha exclusión local, acadou un parcial de 2-0 que elevaba a catro goles a diferencia no electrónico quedando menos de dez minutos por xogar.

O Novás xa non foi quen de conseguir reducir distancias e o partido rematou con tranquilidade. 

Quedan catro partidos nos que os catro primeiros teñen varios encontros entre si, e todo ainda por decidir, o sábado visita a nosa pista un dificil e correoso Guardés, que ten moito mellor equipo do que a clasificación mostra, debemos apretar e intentar mellorar un pouco mais, un derradeiro esforzo que paga a pena facer. Nesta vindeira xornada o lider Cangas visita a pista dun Bueu que non pode pinchar, xa que quedaría a 4 puntos do primeiro a falta de tres encontros e perdería as opcións que ainda ten.

Próximas xornadas:

CANGAS: xoga fora contra Bueu, Novás e Carballal, e na casa contra Guardés
BOYA: xoga na casa contra Guardés e Seis do nadal, e fora contra Carballal e Bueu
CARBALLAL: xoga fora contra Seis do nadal e Viña, e na casa contra Cangas e Boya
BUEU: xoga na casa contra Cangas e Boya, e fora contra Seis e Novás
VIÑA COSTEIRA: na casa Novás e Carballal, fora Guardés e Seis do Nadal

No hay comentarios:

Publicar un comentario

Archivo del blog